Powered By Blogger

lunes, 30 de diciembre de 2013

VIAXE E ESTANCIA EN MARTE, IGUAL A 50.000 RADIOGRAFÍAS

   Os seres humanos que viaxen a Marte no futuro terán que enfrentarse a múltiples impedimentos, pero un dos máis perigosos será a radiación que recibirán durante a viaxe de ida e a súa estancia no Planeta roxo, que podería aumentar seriamente as súas posibilidades de sufrir cáncer. A radiación en Marte é moito máis dura ca na Terra porque non existe un campo magnético global e a súa atmósfera é moito máis delgada ca nosa, o que proporciona unha escasa protección ante os raios cósmicos e as partículas solares. 

                  

  O rover Curiosity da NASA mediu eses niveis de radiación no cráter Gale, onde se atopa dende a súa aterrizaxe, desde agosto de 2012 ata xuño de 2013, e mostra unha tasa de radiación diaria de 0,67 milisievert (mSv) en ausencia de tormentas solares nin eyeccións de masa coronal. Si un astronauta pasara nesa zona e nas mesmas condicións 500 días, recibiría unha dosis de radiación equivalente a facerse 15.000 radiografías (unha radiografía de tórax, a máis suave, equivale a 0,02 mSv). 
  Pero esto non acaba eiquí. Como é lóxico, a esta dosis habería que sumar a da viaxe de ida de 180 días e outro de volta de outros 180 días, traxectos nos que a exposición sería considerablemente pior, xa que suporía recibir como promedio 1,8 mSv ó día procedentes da radiación ambiental do espacio interplanetario coa única protección da nave espacial.. E, de novo, tendo en conta unha actividade solar similar e cos sistemas de propulsión actuais. Nos desprazamentos, o sufrido astronauta acumularía 0,66 Sievert (Sv) e en total, tendo en conta a misión completa, volvería a casa con 1 Sv no seu corpo, como si se houbera feito unhas 50.000 radiografías.

 
































  Estudos de poboación a largo plazo demostraron que a exposición á radiación aumenta o risco de cáncer no curso da vida dunha persoa. A exposición a unha dosis de 1 Sv asóciase náuseas, pérdida de apetito, pérdida de médula ósea, danos nos ganglios linfáticos, etc... Todo esto supón un aumento do 5% no risco de padecer un cáncer mortal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario