Powered By Blogger

lunes, 9 de diciembre de 2013

FÍSICOS TRATAN DE CREAR UN "PEQUENO SOL" NA TERRA

  Un equipo de científicos do departamento de Física Atómica, Molecular e Nuclear da Universidade de Sevilla está investigando a maneira de crear na Terra a forma que teñen as estrelas de producir enerxía. 
  Para esto, os investigadores traballan na creación de reactores experimentais de fusión nuclear co obxetivo de obter unha fonte de enerxía sostible, limpa e virtualmente inagotable.
  Trátase de construir un pequeno Sol na Terra. Necesítase controlar perfectamente a fusión de isótopos de hidróxeno que se forman no interior do reactor nuclear. 
  As estrelas producen enerxía fusionando os núcleos dos átomos que as compoñen e neste proceso alcanzan temperaturas de ata 10 ou 20 millóns de grados. 


   Para conseguir a fusión na Terra, nembargantes, os reactores teñen que operar a temperaturas incluso máis elevadas que as do Sol, 100 millóns de grados. Pero non hai material que aguante estas temperaturas polo que hai que manter o plasma confinado mediante campos magnéticos e alonxado das paredes do reactor, levitando no vacío. Esto é así porque calquer contacto do plasma coa parede fai que esta se derreta ocasionando danos na parede do reactor e rompendo o vacío necesario para que se produza a fusión.
  Partindo desta premisa, o grupo de investigación estuda as pérdidas de ións enerxéticos que se producen no plasma durante a fusión. Estas pérdidas prodúcense principalmente pola interacción destas partículas con ondas que produce o plasma autosuficiente. Para o estudo destas partículas instaláronse diversos detectores no reactor de fusión do Instituto Max- Planck para Física do Plasma de Munich (Alemania). 
  A enerxía que se obtería dun só vaso de auga equivalería a toda a enerxía que consumiría unha persoa en toda a súa vida, pero o problema radica en controlar en todo momento o plasma que levita no vacío dentro do reactor para que pérdidas deste non dañen as paredes do reactora e rompan o vacío.
  Aínda que este tipo de fonte de enerxía limpa xa é totalmente factible dende o punto de vista científico, os expertos seguen a traballar co obxetivo de demostrar que a fusión de partículas de hidróxeno é viable tamén dende o punto de vista tecnolóxico e económico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario