Powered By Blogger

viernes, 6 de diciembre de 2013

NOVO MODO DE DESINTEGRACIÓN DO BOSÓN DE HIGGS 

  Científicos do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) descubriron que o bosón de Higgs -a partícula fundamental descuberta no 2012- desintégrase en dúas partículas denominadas tau, pertencentes á familia dos fermións. Estas últimas son as partículas que compoñen a parte visible da materia. 
  O descubremento foi realizado no experimento ATLAS, un dos catro principais incorporados o Gran Acelerador de Hadróns (LHC)- un anel duns 27 kilómetros de circunferencia construido a uns 80 metros baixo terra na fronteira entre Suiza e Francia- e acaba de ser presentado á comunidade de físicos. 

  
  A gran novidade, anunciada nun seminario realizado no CERN, é que ata agora só se detectara a partícula de Higgs mediante a súa desintegración en partículas denominadas bosóns, portadoras das forzas que actúan na natureza. Agora demostrouse de forma concluínte que tamén pode desintegrarse en fermións, que son coma os "ladrillos" que compoñen a materia visible. Os quarks e electróns que compoñen os protóns dun átomo son fermións.
  Demostrouse por primeira vez cun nivel de certeza de 4 sigma- o necesario para proclamar unha xenuina observación é 5- ó bosón de Higgs decaíndo dou leptóns tau. 
O descubrimento do CERN no 2012 deixou claro que os bosóns adquirían a súa masa a través do mecanismo proposto por Higgs, pero só agora se demostrou que tamén os fermións adquiren a súa masa polo mesmo mecanismo. 

 Estos resultados obtivéronse cos datos recopilados no 2012. A partir da súa posta en marcha no 2015 tras dous anos de manteñemento, os científicos esperan obter moitos máis datos do LHC, funcionando ademais á enerxía para a que se diseñou. Investigadores do Instituto de Física Corpuscular (IFIC, CSIC.UV) participaron directamente nesta análise, cun papel importante na caracterización dos sucesos de fondo, determinación de métodos estadísticos, definición da técnica multivariante e selección das variables de entrada que foron cruciais para lograr este resultado cun alto nivel de confianza estadística.
  Pola súa parte, os investigadores do Instituto de Física de Altas Enerxías (IFAE), participantes no experimento ATLAS traballan noutras canles para estudiar a desintegración do bosón de Higgs noutros fermións (quarks top y bottom). No ATLAS tamén participan investigadores do Instituto de Microelectrónica de Barcelona e a Universidade Autónoma de Madrid (UAM). En total uns 200 investigadores españois participan no LHC, agrupado polo Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN).


No hay comentarios:

Publicar un comentario