Powered By Blogger

domingo, 15 de diciembre de 2013

MELLORES BATERIAS PARA AUTOMÓVILES GRACIAS Á BIOLOXÍA

   As baterías de litio-aire convertéronse en obxeto de intensa investigación nos últimos anos, dado que teñen un gran potencial para incrementar drásticamente a enerxía por peso de batería, o cal podería dar lugar, por exemplo, a coches eléctricos cunha maior autonomía. Pero para logralo hai que superar unha serie de desafíos, entre eles a necesidade de desenrolar materiales mellores e máis duradeiros para os electrodos da batería, así como aumentar a cantidade de ciclos de carga-descarga que as baterías poden soportar. 
  Recentemente, uns investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en Cambridge, Estados Unidos, comprobaron que a estratexia de engadir virus xenéticamente modificados á protección de nanocables (cables tan delgados que o seu diámetro é aproximadamente o mesmo dun glóbulo bermello do sangue) que serven como electrodos da batería podería axudar a resolver algúns destes problemas.
  A clave do traballo destes científicos radica nun aumento significativo da área de superficie do cable, o que conleva un incremento da área onde a actividade electroquímica ten lugar durante a carga ou a descarga da batería.

  O equipo de Dahyun Oh, Angela Belcher e Yang Shao-Hom produxo un conxunto de nanocables, cada un de oitenta nanómetros de ancho, usando un virus xenéticamente modificado ó que se denomina M13, e que pode capturar moléculas de metais presentes na auga e enlazalos en formas estructurais. Neste caso, os cables de óxido de manganeso (un material que figura entre os favoritos para o cátodo dunha batería de litio-aire), foron fabricados polos virus. Nembargantes, e aquí radica o aspecto máis importante do avance tecnolóxico, a diferencia do que sucede cos nanocables fabricados a través de métodos químicos convencionais, estos nanocables elaborados por un virus teñen unha superficie áspera, con prolongacións. Debido a esto, a área de superficie destes nanocables víricos é moito maior que a dos nanocables lisos que usualmente se obteñen co métodos convencionais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario