Powered By Blogger

sábado, 7 de diciembre de 2013

"HELIKAR" O COCHE VOADOR ESPAÑOL

                        

  Helikar, o primeiro coche voador con matrícula española, un inxenio capaz (de momento só sobre o papel) de cubrir a distancia entre Madrid e Granada (430 km) nunha hora e sen repostar.
  Funciona con queroseno (15 litros ós 100), o mesmo combustible que empregan as aeronaves, está diseñado para voar a tres mil metros de altura, aínda que o normal é que o faga a uns mil. 
  Pesa 700 kilos, ten unha autonomía de mil kilómetros e capacidade para trasladar a dúas persoas con 40 kilos de equipaxe. 
  Calquera pode manexalo, bastarán uns coñecementos extra que os requeridos para ter o carné de conducir. Para o seu manexo, o conductor disporá da axuda dun piloto automático e en caso de accidente no ar, un paracaídas fará que o coche caia suavemente, co tempo suficiente para desaloxar a zona de impacto, si por exemplo se trata da rúa dunha cidade. 
  Elévase e toma terra verticalmente, coma os Harrier, e non é tan aparatoso coma os helicópteros pois os seus rotores van carenados, é dicir, protexidos polo chasis do coche. 
  O aeromóvil saerá ó mercado cun precio inicial de un millón de euros coa idea de ir rebaixandoo ata os 250.000 euros, a medida que vaian aumentando os pedidos. A diferencia doutros prototipos de coches voadores, o Helikar non precisa ningunha pista de despegue ou aterrizaxe.

                           
  
  O promotor deste primeiro coche voador é Carlos Matilla, un estudiante madrileño de 25 anos que está no último curso de inxeñería aeronáutica e prepara o proxecto de inxeñería naval na Universidade Politécnica de Madrid. Matilla busca ahora, en España, pero tamén fóra, en México, Estados Unidos, ... dous millóns de euros para construir o primeiro prototipo cen por cen español. O paso da ficción á realidade.

  A aposta inicial é comercializalo no mercado dos transportes Premium, onde o helicóptero xa se convertiu no vehículo privado de culto entre os altos executivos, deportistas e multimillonarios, deseosos de moverse sen atascos e a salvo de secuestros e atracos. 
  Outro dos usos previstos céntrase no campo militar, como vehículo de vixilancia ou de ataque, con misis e ametralladoras.
  España convertiríase así no primeiro país do mundo en comercializar un coche voador. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario