Powered By Blogger

domingo, 22 de diciembre de 2013

UN "SUPERGLUE" CAPAZ DE PEGAR
 TECIDOS HUMANOS
   Pode que non quede tanto para encontrar nos quirófanos un pegamento en lugar de agulla e fio para dar puntos. Un equipo de científicos da Universidade Pierre e  Marie Curie (Francia) propón unha especie de superglue realizado con nanopartículas capaz de pegar, nuns 30 segundos, tecido humano. 
  Non é a primeira vez que un grupo de investigadores intenta dar coa fórmula do adhesivo biolóxico. 

  O problema, tal e como relatan os creadores do futuro pegamento de tecidos, é que ó introducir estos materiais no organismo «poden producir inflamacións importantes». As veces, reabsorbense mal e, polo tanto, a ferida tarda máis en cicatrizar. Para evitar estas complicacións, varios equipos de expertos puxeron en marcha estudios en busca do material perfecto, «que se adapte ó organismo moito máis rápido e a recuperación se acelere».
  De forma experimental, probouse un intento de pegamento en cirurxía cardiovascular. Este adhesivo non estaba basado en nanopartículas, senon en cianocrilato, unha modificación do superglue autorizada para os organismos vivos. Nembargantes, «produce un calor que mata o tecido circulante e eso é perxudicial para a recuperación da ferida».
  Como argumentan os investigadores franceses, «encontrar un método eficaz [que non sexan os puntos] para unir tecidos biolóxicos é moi complicado», pola gran cantidade de auga que teñen. «Os adhesivos biolóxicos en húmedo non pegan». Nembargantes, un artigo da revista Nature demostra que as nanopartículas sí poderían logralo.
  A diferencia do cianocrilato, o pegamento de nanopartículas non produce o nocivo efecto do calor, aínda que, de momento, só se estudiou en animais. Da mesma maneira que se utiliza o superglue para pegar dúas pezas de cerámica, os autores deste traballo extenderon unha solución de nanopartículas (óxido de silicio en polvo con auga) sobre a superficie de dous trozos de fígado de terneira,  presionáronnos e, «ó cabo duns 30 segundos, conseguimos unha forte unión».
  Dados os resultados, os seus creadores cren que esta nova proposta de adhesivo biolóxico podería ser igual de «rápida, sencilla e eficaz en inxeñería tisular e en cirurxía en humanos». Por eso, animan a que se siga investigando nesta liña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario