Powered By Blogger

sábado, 26 de abril de 2014

CAE A NOVENA GOTA DE BREA NO EXPERIMENTO MÁIS LONGO DO MUNDO

  O experimento máis longo do mundo deu hoxe un paso máis. Unha gota de brea, a novena despois dunha espera de máis de 13 anos, desplomouse no experimento máis longo da Historia, mención incluída no libro Guinnes dos récords, que se desenrola desde fai 87 anos na Universidade de Queensland (Brisbane, Australia). É a primeira vez que a lenta caída destas bágoas negras foi grabada en directo polas cámaras, aínda que ata agora os investigadores só proporcionaron imaxes do inminente choque en time-lapse e non da ruptura. 

                                                    
  
  Todo comenzou en 1927 nun aula. O profesor Thomas Parnell, custodio do experimento ata a súa morte, quixo demostrar aos seus estudiantes que hai sustancias que aparentan sólidos pero son fluídos de alta viscosidade. Para certificar a súa tese, Parnell encheu de brea quente un funil de colo sellado. Tras tres anos de reposo, o profesor rompeu o colo do funil e comenzou esta fantástica aventura sen fin. 

  O ritmo da caída foi, aproximadamente, dunha gota por cada década. A primeira caiu en 1938, a segunda no 47, a terceira en 1954, a cuarta no 62, a quinta en 1970, e a sexta no 79. Trala caída da séptima gota en 1988, os científicos decidiron dar un paso máis no experimento. Aillaron o habitáculo para que estivera en condicións ambientais especialmente controladas, dotando así de máis rigurosidade os datos recollidos xa que, ata entón, as variacións de temperatura podían variar a viscosidade do fluído. Selaron a cámara e dotaronna de aire acondicionado para manter permanente a temperatura interio. Gracias a esto, e á caída da octava gota no 2000, hoxe en día sabemos que a brea (baixo unhas condicións determinadas) é 2,3 x 10 elevado a 11 veces máis viscosa que a auga. 


  A proba é custodiada polo profesor Andrew White despois da morte o pasado ano do seu colega John Mainstone, que vixiou a mostra de brea durante nada menos que 52 anos sen poder ver nengunha caída en persoa. Mainstone perdeu a observación do colapso das gotas en tres ocasións, por un día no 1977, por só cinco minutos, en 1988, e no 2000, cando unha cámara web que grababa a escea sufriu un apagón de 20 minutos e perdeu o momento crucial. Despois deso, o experimento foi posto baixo vixilancia constante, con tres webcams. 
                           



sábado, 19 de abril de 2014

DRONES

   Os drones, palabra inglesa que significa abellóns polo seu ruido característico, desenroláronse, como tantos grandes avances da tecnoloxía actual, gracias á investigación militar durante 50 anos. Pero nos comenzos do século XXI, avións e helicópteros dirixidos por control remoto (RPAS, polas súas siglas en inglés) e vehículos aéreos non tripulados (UAV) estánse despoxando do seu uniforme de campaña para implantarse no ámbito civil con usos ben distintos.
                         
   Esta transferencia da tecnoloxía militar cara usos civís abriu un nuevo horizonte de posibilidades para o sector aeronáutico, que vai desde novas ferramentas para o control de cultivos, incendios e equipamentos industriais ata sistemas de recoñecemento de persoas ou artefactos en accións de seguridade e rescate. Os drones poden ser desde vehículos de menos de 900 gramos ata avións ou multirrotores de calquer tamaño nos que bastaría con instalar un sistema de pilotaxe remoto. Según a súa envergadura teñen distintos tempos de autonomía, funcionalidade e capacidade de carga. As súas posibilidades son innumerables: serven para evaluar o estado de cultivos, parques eólicos, solares ou tendido eléctrico; e tamén para realizar traballos de topografía, alzamentos de terreo e ortofotos, que combinan a fotografía aérea coa precisión dun plano.
                     
  A rapidez, lixereza e destreza destas aeronaves permítelles acceder a zonas inseguras en situacións complicadas. Por eso son ideais en rescates, controles de perímetro de vehículos sospeitosos, rastreos de edificios, avanzadillas de convoies ou incluso en aludes de neve. Cun dron dotado dunha cámara infrabermella pódese rexistrar unha ladeira en cinco minutos, mentras que un grupo de persoas pode tardar ata cinco horas.
  Gracias ao baixo coste destas aeronaves, un equipo liderado polo CSIC ha desenrolou un sistema para vixiar desde o aire a caza furtiva dos rinocerontes africanos. Os seus avións non tripulados están equipados con cámaras de foto e vídeo de alta resolución e visión nocturna.
  Entre os sectores que máis rápidamente están explotando as posibilidades destes vehículos destaca a producción de vídeo para cine e publicidade. 
  Un dos pequeños avións de control remoto que poderá utilizarse para vixiar incendios e vertidos; así como supervisar fronteiras, tendidos eléctricos e encoros, é o ALTEA-EKO. Trátase do primeiro dron civil matriculado en Europa e é español.
                     

MATERIA ESCURA NO CENTRO DA GALAXIA

   É unha materia de composición descoñecida que, ademáis non emite a suficiente radiación electromagnética como para ser observada directamente cos medios técnicos actuais, pero calcúlase que constitúe o 85% do universo. 
  Trátase da chamada "materia escura", e foi deducida polos especialistas a partir dos efectos gravitacionais que causa a materia visible do cosmos, como a das estrelas ou as galaxias. 


  O pasado mes de febreiro de 2014, uns 190 expertos no tema de todo o mundo reuníronse nun simposio celebrado na Universidade de California en Os Anxeles (UCLA) para poñer en común as últimas novidades nas investigacións sobre a materia escura. Entón, expuxéronse os resultados de varias análises que indican que dita misteriosa materia escura si existe, aínda que non poida verse nen rexistrarse.

                        
  
  Os raios gamma son un tipo de radiación electromagnética que pode ser producida por elementos radiactivos ou por procesos subatómicos de diversos elementos cósmicos, entre eles a materia escura. 
  Os raios gamma de alta enerxía que se producen no centro da nosa galaxia poden ser explicados en parte a partir de fontes conñecidas, como a interacción de sistemas binarios, púlsares aillados de restos de supernovas ou partículas que chocan co gas interestelar. Pero existe un exceso de raios gamma procedentes de dito centro de orixe descoñecida que, ademáis, é consistente coas prediccións sobre materia escura. 
  Ese exceso de raios gamma non adxudicado a causas coñecidas, é o que rexistrou o Telescopio Espacial de Raios Gamma Fermi, un observatorio espacial da NASA deseñado para estudiar as fontes de raios gamma do universo, co obxeto de detallar mapas das mesmas.
  Eses novos mapas, desenrolados por investigadores do Fermi National Accelerator Laboratory (Fermilab), do Harvard-Smithsonian Center for Astrophysiscs (CIA), do MIT e da Universidade de Chicago, permitiron agora analisar ese exceso de raios gamma e probar se as explicacións máis convencionais, como a presencia de púlsares non descubertos ou colisións de raios cósmicos en nubes de gas, poden explicalo. 

                       
  
  Aínda que ninguén coñece a verdadeira natureza da materia escura, os científicos creen que existen unhas partículas chamadas WIMP ("partículas masivas que interactúan débilmente") que a conforman. 
  Teorizouse que, nas súas interaccións e colisións, as WIMP aniquílanse mutuamente ou producen unha partícula intermedia, que rápidamente se descompón. Ambas reaccións provocarían unha producción de raios gamma que é o que parece que detectou o Telescopio Fermi.
  Cando os astrónomos restaron, dos datos deste observatorio, todas as fontes de raios gamma coñecidas do centro da galaxia, seguiu existindo neste unha emisión de raios gamma sobrante. 
  Os investigadores concluíron que este exceso axustaríase á producción de raios gamma que conlevaría a aniquilación de partículas de materia escura (WIMP) cunha masa de entre 31 e 40 GeV. Nembargantes, advirten que serán necesarias novas análises e rexistro para validar a interpretación de datos realizada. 


jueves, 17 de abril de 2014


VOLTA AO MUNDO SEN COMBUSTIBLE

   A empresa de aviación Solar Impulse presentou en Suiza o primeiro avión solar deseñado para superar o reto de dar a volta ao mundo sen utilizar nengún combustible, bautizado como Solar Impulse 2, que despegará en marzo de 2015 e será conducido por dous pilotos que poderán permanecer ata "cinco días e cinco noites" en voo sen ter que aterrar. 
  Nunha presentación mundial na localidade suiza de Payerne, os fundadores de Solar Impulse e pilotos do Solar Impulse 2, Bertrand Piccard e André Borschberg, desvelaron ao mundo o novo avión.

               
  
  Neste proxecto, que se iniciou hai xa 12 anos, participou un equipo multidisciplinar de 80 especialistas. Eles conseguiron que este avión almacene a enerxía suficiente, gracias a 17.248 células fotovoltaicas, que alimentarán ás catro hélices da aeronave e recolectarase e almacenará nas súas baterías de polímero de litio.
  O avión, que mide 72 metros, é similar a un Boeing 747 e é incluso "máis lixeiro" que un vehículo. A cabina mide 3,8 metros cúbicos e monitorizará as constantes vitais do piloto para detectar calquera posible anomalía. Pode acadar un máximo de altura de 8.500 metros e a súa velocidade máxima é de 90 km/h a nivel do mar e 140 km/h á máxima altitude. A súa velocidade mínima é de 36 km/h a nivel do mar e 57 km/h a máxima altitude.

           
    
   O Solar Impulse 2, que soportará temperaturas de 40 graos baixo cero pola noite e 40 graos polo día, despegará desde algún lugar da zona do Golfo e voará sobre o Mar de Arabia, India, Birmania, China, o Océano Pacífico, Estados Unidos, o Océano Atlántico e o Sur de Europa ou o Norte de Africa. 
  É "absolutamente eficiente enerxéticamente" e dispón "dos mellores motores, as mellores baterías e os materiais máis lixeiros" para poder manter o voo durante "cinco días e cinco noites" sen descanso. A cabina, monoplaza e cun asiento ergonómico, dispón dun pequeno servicio para os pilotos, que terán que alimentarse a base dunha comida especial e que só poderán durmir durante "20 minutos", algo para o que levan meses entrenando e que pensan superar coa axuda de técnicas de relaxación e auto hipnose. 
  Unha serie de dispositivos controlarán desde terra o seu estado de saúde en todo momento. Ademáis, levarán todo o tempo un paracaídas por se ocorrera unha situación de emerxencia e tiveran que saltar do avión. 
  Os pilotos son conscientes de que a súa aventura entraña moitos riscos, pero dedicarán o próximo ano a facer probas e a utilizar os simuladores tanto como poidan para minimizalos.
  Con esta iniciativa non pretenden que se construian avións solares para transportar pasaxeiros, senón convencer a políticos e cidadáns de que as enerxías renovables poden satisfacer gran parte da demanda enerxética. 


sábado, 12 de abril de 2014

O PRIMEIRO MAPA DO CEREBRO HUMANO

  O cerebro é o órgano máis descoñecido, o que máis incógnitas alberga. Profundizar nos seus segredos será un pouco máis sinxelo a partir de agora gracias a dous mapas que aportan datos e coordenadas claves para a comprensión do funcionamento cerebral dos mamíferos. Aínda que todavía básicos, estes modelos en tres dimensións poden ser moi útiles para adentrarse nos pasos que marcan o desenrolo, seguir os circuitos de comunicación, ou coñecer máis a fondo as raíces de problemas como a esquizofrenia ou o autismo. 

                       
  A revista "Nature" publica esta semana  estes dous traballos que prometen un importante impulso no ceñecemento do cerebro e as súas patoloxías. Ambos traballos están ligados ao Instituto Allen de Estudos Cerebrais, unha entidade privada sen ánimo de lucro posta en marcha por Paul G. Allen, cofundador de Microsoft, que está empeñado en desentrañar os misterios do cerebro. 
  O primeiro deles detalla as conexións neuronais presentes no cerebro dun rato. Bastante minucioso é o primeiro mapa destas características que se fai nun animal vertebrado e aporta datos fundamentais para entender de qué forma se comunican as rexións cerebrais. Dende fai un cuarto de século disponse do "conectoma" do gusano C. elegans, que ten só 302 neuronas. Nembargantes, o cerebro do rato ten 75 millóns de neuronas, organizadas de forma similar ás do humano. 

                              
                       
  O segundo é un mapa da expresión dos xens no cerebro prenatal, que indica onde e cómo vai evolucionando esa expresión para conformar o desenrolo cerebral. 
  O que conseguiron os investigadores do Allen "é unha especie de manual de instruccións de cómo se vai formando o cerebro, limitado a tres estadíos do desenrolo embrionario, aínda que con datos de miles de xens", aclara Xoan Lerma, director do Instituto de Neurociencias de Alicante CSIC-UMH. Esta é a primeira vez que se obtén un mapa de expresión xénica de este tipo en humanos. 
  En especial, resaltan os autores, o traballo pode aportar datos moi interesantes en patoloxías como o autismo, que se empezan a xestar durante o desenrolo embrionario. 

                             
  O mapa de expresión xénica abre novas posibilidades xa que permitirá aos neurocientíficos estudiar en patoloxías espontáneas ou inducidas no laboratorio, cómo a alteración de determinados xens xenera modificacións no desenrolo do cerebro. 
  O traballo valida ademáis o controvertido uso de modelos de rato para o estudo das patoloxías humanas, xa que puxo de manifesto que hai máis similitudes que diferencias entre o cerebro de roedores e o humano.
  Aínda que cauteloso, Lerma augura novos achados neste área, gracias aos avances en tecnoloxía e computación que dan lugar á posibilidade de realizar análises a gran escala. 



domingo, 6 de abril de 2014


O LANZAMENTO DO SENTINEL-1A

  A Axencia Espacial Europea (ESA) lanzou este xoves o primeiro satélite do proxecto Copérnico, 'observador' da Terra. O chamado Sentinel-1A púxose en órbita de manera puntual ás 23:02 hora peninsular española (21:02 h UTC) desde o Porto Espacial Europeo en Kourou (Guayana Francesa) e a bordo da nave rusa Soyuz.
                                      
  O satélite, que formará parte de Copérnico, o maior sistema civil de observación da Terra xamais despregado, ten como obxetivo controlar o estado do mar, a atmósfera, a superficie terrestre e o clima, e ofrecerá apoios a servicios de seguridade e emerxencia, según informou a ESA.
  Trátase do primeiro dos "centinelas" desa ambiciosa constelación europea, vixiar o medio ambente e detectar cambios na superficie terrestre.
           
  O seu dispositivo estrela é o radar SAR (Radar de Apertura Sintética, polas súas siglas en inglés), unha antena de 12 metros que estudiará a superficie terrestre a través do "eco" de microondas enviadas desde 700 quilómetros de altitude.
  O primeiro destes vixías europeos, o programa de maior amplitude da ESA trala constelación Galileo, chamada a competir co GPS estadounidense, cubrirá a superficie de Europa, Canadá e as principais rutas marítimas cada tres días, aínda que visitará o Ártico ata 14 veces cada 24 horas.
  Proporcionará diariamente 2,5 terabites de información libre e gratuita que se utilizará para identificar corrementos de terras ou erupcións volcánicas.
  O  Sentinel-1, un dispositivo de 2.300 kilos con dous paneis solares de 10 metros cada un que garantirán a súa alimentación enerxética, seguiralle o seu xemelgo 1B. Ambos traballarán simultáneamente en 180 grados para abarcar unha maior superficie.
  É a primeira dun total de seis misións "centinela", cun presuposto que acada os 7.500 millóns de euros (unos 10.300 millóns de dólares) e que ten como misión analisar o planeta de maneira constante como nunca antes se fixo.
  
  A misión consiste nunha constelación de dous satélites idénticos, e a ESA prevé lanzar en 2015 o Sentinel-1B. O que se lanza este xoves, o 1A, está equipado cun radar avanzado que proporcionará imaxes diurnas e nocturnas da superficie terrestre, e en calquera condición meteorolóxica.
  Esta misión ten previsto mellorar numerosos servicios, como a medida da extensión do xeo no Ártico; o mapeo rutinario do xeo mariño; a vixilancia do medio mariño -incluíndo derrames de crudo e detección de navíos-; a monitorización de movimentos na superficie terrestre; a xestión do terreo, a auga e as selvas.
  Os satélites tamén serán decisivos para facilitar as labores dos equipos de axuda humanitaria e de resposta ante desastres naturais, distribuíndo mapas actualizados das zonas afectadas e o apoio en emerxencias humanitarias.
 Cando o resto de satélites esté en órbita cubrirán o planeta completo cada seis días, e transmitirán os seus datos a estacións de terra distribuidas por todo o mundo.



sábado, 29 de marzo de 2014



O PRIMEIRO CROMOSOMA SINTÉTICO

   Un equipo internacional de científicos creou  un cromosoma de levadura modificada completamente artificial, o que supón a primeira vez que se logra producir  ADN sintético nunha célula complexa como a que teñen as plantas, os animais e o ser humano, un avance de gran trascendencia que podería conducir a novas cepas do organismo para axudar a producir productos químicos industriais, medicamentos e biocombustibles.
  "É o cromosoma máis profundamente alterado que se construiu nunca", declarou Jef D. Boeke, investigador do Centro Médico Langone da Universidade de Nueva York e director do proxecto.
  A gran novidade é que mentras outros traballos sintetizaron bacterias, ADN viral, o de Boeke é o primeiro que da conta dun cromosoma sintético nunha eucariota, é dicir, un organismo máis complexo con células que conteñen un núcleo, como as células do ser humano.



   É o fruto de sete anos de traballo que implicaron o deseño asistido por ordenador para fabricar un dos 16 cromosomas que posee a levadura de cerveza, coñecida científicamente como Saccharomyces cerevisiae, que se utiliza tamén na elaboración do pan ou o viño.



   O avance é un exercicio experimental. As posibilidades son infinitas. Abre a porta ao desenrolo de microorganismos "á carta" que poderían ser útiles en numerosos campos.
  Para mellorar a potencia dalgunhas substancias, en Medicina para a creación de novos fármacos máis eficaces, na fabricación de biocombustibles ou a restauración de zonas danadas por graves vertidos de petróleo. O "avance técnico" deste descubrimento é que permitirá no futuro correxir desde deficiencias xenéticas a producir novas variedades de antibióticos ou modificar proteínas que acaben co problema dos celíacos, engade Bernardo Schvartzman, profesor do Centro de Investigacións Biolóxicas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).


  
  O interese máis inmediato será a Biotecnoloxía, "poderanse producir, por exemplo, organismos que degraden compostos máis rápidamente que a Natureza (vertidos de hidrocarburos, productos de minería...), moléculas de síntese complexa usadas en terapéutica ou novas variedades de antibióticos que acaben co problema da resistencia aos microorganismos".
  Precisamente nese "Lego" que fabricaron e onde se poden quitar ou poñer pezas a conveniencia, pódense incluir elementos para un mal uso, como o "bioterrorismo". Por iso, moitos expertos urxen unha regulación sobre o tema.
  Os editores da revista Science no chegan a calificar este avance de hito científico, pero sí se atreven a dicir que o conseguido por este grupo científico formado por varias universidades estadounidenses e europeas é como ascender "o monte Everest da bioloxía sintética".


miércoles, 26 de marzo de 2014

DETECTADAS AS 
ONDAS GRAVITACIONAIS PRIMORDIAIS

  As "ondas gravitacionais primordiais" que se xeraron tras a creación do Universo co Big Bang foron detectadas por primeira vez. É a confirmación máis importante das teorías da inflación cósmica, que explica que, en certo momento, o cosmos se expandía multiplicando o seu tamaño por 100 billóns de billóns de veces en menos dun abrir e pechar de ollos. 
  É dicir, trátase da proba do estalido cósmico inicial do Big Bang. Un descubrimento digno de recibir un Premio Nobel, según os expertos, e que foi anunciado polo Centro Harvard-Smithsonian para a Astrofísica de Massachusetts (EEUU) e publicado en Nature. 

  
  O Universo actual xurdiu tras un evento coñecido como o Big Bang, que tivo lugar fai 13.800 millóns de anos. Momentos máis tarde o propio espacio comezou a expandirse de maneira exponencial nun episodio coñecido como inflación. Os signos reveladores deste capítulo na historia temperá do Universo están impresos no ceo, nun resplandor "reliquia" chamado o fondo cósmico de microondas. 
  O equipo dirixido por John Kovac logrou percibir por primeira vez mediante o telescopio BICEP2 instalado no Polo Sur, nun pequeno retazo de ceo, esas ondas gravitacionais. 
  O achado destas pequenas ondulacións de enerxía, que serían imperceptibles para o ollo humano, demostraría a teoría do período inflacionario forxada en 1980 polo físico teórico Alan Guth, do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. 

  
 As ondas gravitatorias, predecidas por Albert Einstein coa teoría da relatividade para explicar a gravidade, pero de cuxa existencia non se tiñan probas, foron descubertas polo telescopio BICEP, este telescopio estudia a radiación cósmica de fondo (CMB), os ecos que aínda nos chegan do Big Bang e que os astrónomos creen que oculta unha "segunda marca", que revelaría a existencia de esas ondas gravitatorias.


  Según Nature, o BICEP2 capturou unha instantánea destas minúsculas ondulacións no tecido do espacio-tempo producidas polo Big Bang na CMB, durante a súa propagación polo Universo fai 380.000 anos. 
  O feito de que o periodo inflacionario, un fenómeno cuántico, producira ondas gravitatorias " demostra que a gravidade ten unha natureza cuántica ao igual que outras forzas fundamentais coñecidas da natureza" sinala a publicación.
  Cosmólogos, físicos e astrofísicos celebraron esta detección, ata o punto de que algúns deles o consideran o "descubrimento do século XXI". É o máximo acercamento nunca realizado en tempo cero, cando o Cosmos tiña o tamaño dunha pelota de tenis. Pero as implicacións deste achado non quedan aí, algúns teóricos creen que pode ser a porta ao multiverso, é dicir, a posibilidade de que o noso Universo non sexa o único que existe.


O BIG BANG

   Un sacerdote católico e astrónomo, o belga George Lamaître, foi o primeiro que hipotetizou en 1927  coa posibilidade de que o universo estaba comprimido nun pequeno punto, o "átomo primordial", que nun momento dado expandiuse e deu lugar a todo o que coñecemos agora, incluido o espazo e tempo. 

  
 Un par de anos despois, o astrónomo estadounidense Edwin Hubble descubriu que as galaxias se alonxaban de nós a gran velocidade. Tamén observou que canto máis lonxe están de nós máis rápido se alonxan. Tras analizar os datos concluiu que o universo se expande de maneira uniforme. Esto significa que nalgún instante do pasado todas as galaxias do universo estaban amontoadas no mesmo lugar ao mesmo tempo.
  Un par de décadas máis tarde, en 1948, o físico ruso George Gamow, quen fixo, xunto aos seus colaboradores estadounidenses Ralph Alpher e Robert Herman, os desenrolos matemáticos pertinentes para dar forma de teoría científica a esta idea. 
  O modelo de Gamow empezaba unha fracción de segundo despois do Big Bang. Segundo os seus cálculos nese momento o universo tería unha temperatura de 10 billóns de grados e era unha sopa primixenia , denominouna hílem, término que xa usaban os filósofos da antiga Grecia. Estaría composta por fotóns, neutróns, protóns e electróns libres bañados por unha potente radiación electromagnética. 
  Segundo os cálculos do equipo, a primeira luz xurdiu cando a temperatura diminuiu, circunstancia que permitiu aos fotóns, viaxar. Esto sucedeu cando o universo era xa un bebé e tiña pouco máis de 380.000 anos de idade. Calcularon que a temperatura do universo entonces sería de 270 grados Celsius baixo cero o que corresponde a unha radiación de moi baixa enerxía, no rango das microondas. 

  
  Gamow acertou en case todo, pero non na formación dos elementos químicos. Este físico cría que os elementos químicos se formaron durante os primeiros minutos de vida do universo. Equivocouse. O seu colaborador Alpher calculou que a etapa de síntese de elementos durou pouco máis de 20 minutos e que o 99% dos elementos que se formaron eran helio e hidróxeno. O resto eran trazas de litio e berilio.
  O resto dos elementos químicos formáronse millóns de anos despois no interior das estrelas. Esto descubriuno o astrofísico Fred Hoyle, amigo de Gamow pero á vez un dos maiores inimigos da súa teoría do Big Bang, que a súa vez, paradoxicamente acuñou o nome sen pretendelo. Parecíalle ridícula, e en certa ocasión describiuna con desprezo usando as palabras "Big Bang". Tanto gancho tivo a descalificación que se converteu no nome oficial. 


miércoles, 19 de marzo de 2014

UNHA CÉLULA FOTOVOLTAICA QUE TRANSFORMA A RADIACIÓN EN ELECTRICIDADE

   Un equipo de investigadores liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) creou unha célula fotovoltaica de silicio capaz de transformar en electricidade a radiación infravermella. O traballo aparece publicado esta semana na revista Nature Communications. 
  O Sol é unha fonte inagotable de enerxía que podería solucionar moitos dos problemas enerxéticos actuais. 

  O dispositivo capaz de realizar a conversión de luz solar en electricidade é a célula fotovoltaica, comunmente coñecida como célula solar. Nembargantes, existen diversos obstáculos que impiden unha maior xeneralización do seu uso, entre eles un coste relativamente alto (do orde de 20 céntimos de euro por vatio producido) e unha eficiencia baixa, por debaixo do 17%. É dicir, de cada vatio que recibimos do sol, só aproveitamos unha pequena parte, según informa o CSIC nun comunicado.
  O motivo da baixa eficiencia das células fotovoltaicas radica en que os materiais básicos para a súa fabricación, como o silicio, só poden absorver e aproveitar unha pequena parte do espectro solar. O resto da radiación solar, que corresponde á zona infravermella, non é aproveitada e pérdese. 
  Despois de tres anos de traballo, desenrolaron un novo concepto de célula solar de silicio capaz tamén de captar e transformar en electricidade a radiación infravermella do Sol. 
 

  Crearon células fotovoltaicas sobre microcavidades esféricas de silicio onde a luz infravermella queda atrapada e da voltas no seu interior ata que é transformada en electricidade. 
  Neste traballo no que tamén participaron outros grupos do CSIC, a Universitat Politécnica de Valencia, a Universitat politéctina de Cataluña e a Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, supón un novo enfoque científico para poder desenrolar no futuro células fotovoltaicas de alto rendemento.




UNHA ESPECIE VIOLENTA POR NATUREZA

   "Somos unha especie violenta por natureza. Por dúas razóns, porque somos agresivos e porque somos creativos. Sen imaxinación non seríamos violentos", contesta David Bueno, doctor en Bioloxía que exerce como profesor e investigador de xenética na Universidade de Barcelona e que xunto a outros cinco expertos acaban de publicar un ensaio sobre este tema.

    
  "A agresividade é algo que compartimos co resto dos animais. É unha emoción, como o amor ou o medo. Non é boa nen mala. Non ten connotacións morais ou éticas, simplemente é parte do instinto de supervivencia. A violencia é outra cousa. É unha agresividade consciente. É un facer dano querendo facelo. E para iso fai falta imaxinación, creatividade. O ser creativo é capaz de relacionar dúas cousas que non teñen relación natural. O seu desexo de impoñerse coa forma de conseguilo, por exemplo. O home sabe que sendo agresivo pode conseguir algo", asegura Bueno, experto na xenética do desenrolo e neurociencia, e na súa relación co comportamento humano. 

          
  
   "Posto que non é posible deixar de ser violentos, o que temos que facer é canalizar esa violencia para diminuir o seu impacto" di. ¿E cómo pode canalizarse? "Coa educación e a empatía" responde. 
  Numerosos son os exemplos de ferramentas que poden canalizar esa violencia innata que aporta o ensaio.   Según Bueno, "os videoxogos só poden volverte violento se te convertes nun adicto a eles e nese senso a violencia que xera é idéntica á que xera calquera outro tipo de adicción". Eso si, poden servir para canalizala. "Da mesma maneira ca un partido de fútbol", engade. "Demostrouse que os xogadores do equipo gañador teñen unha descarga de  hormonas idéntica á que se produce no que gaña unha batalla física. E o mesmo ocorre cos seguidores do equipo gañador", explica. 

É o que se chama "un combate ritualizado", que serve para xestionar esa violencia imposible de erradicar. Bueno pronuncia unha e outra vez esa palabra: "xestionar". "É a clave", di. E a continuación di que o grado de agresividade é distinto en cada un de nós e incluso en cada momento. "O estrés vólvenos máis agresivos, porque fai que se reduza o nivel de eficiencia da corteza cerebral e eso impídenos levar a cabo procesos cognitivos máis complexos, como é a toma de decisións, e lévanos a actuar sen pensar", expón. 
  Pero o factor determinante do nivel de agresividade dunha persoa é a cantidade de testosterona coa que naceu. "A testosterona masculiniza o cerebro nos primeiros tres meses de xestación e o ambiente no que crecemos pode masculinizalo aínda máis ou todo o contrario", di Bueno. 
  A testosterona é unha hormona que impulsa a dominar. As mulleres tamén a teñen, pero o seu nivel é menor, de aí que "o 90% da violencia no mundo exércena os homes". De feito, o máis probable é que as mulleres que chegan a posicións de poder teñan un nivel de testosterona maior. 


domingo, 16 de marzo de 2014

 PENTÁGONO FINANCIA O PRIMEIRO CAMUFLAXE QUE OCULTA OBXECTOS DO SON
   
   Con financiación do Pentágono, enxeñeiros da Universidade de Duke, fabricaron a primeira capa acústica de invisibilidade tridimensional do mundo. O novo dispositivo desvía as ondas de son para crear a impresión de que tanto o manto e o que hai debaixo non están alí.
  O dispositivo de camuflaxe acústico funciona nas tres dimensións, non importa en qué dirección ven o son, nin onde se atopa o observador, e ten potencial para futuras aplicacións, como evitar o sónar e a acústica arquitectónica. O estudio aparece en Nature Materials.

              

  Para lograr este novo truco, Steven Cummer, profesor de Enxeñería Eléctrica e Informática na Universidade de Duke e os seus colegas centráronse no desenrolo de metamateriais: a combinación de materiais naturais en patróns de repetición para lograr propiedades non naturais. 
  No caso da nova capa acústica, os materiais que manipulan o comportamento das ondas sonoras son simplemente plástico e aire. Unha vez construído, o dispositivo parécese a varias placas de plástico cun patrón de repetición de ocos que asoman a través deles apilados un por riba do outro para formar unha especie de pirámide. 
  Para dar a impresión de que non está alí, o manto debe alterar a traxectoria das ondas sónicas para que coincida co que se vería coma se se houberan reflectido nunha superficie plana. Debido a que o son non está chegando a superficie que hai debaixo, desplázase a unha distancia máis curta e a súa velocidade debe ser freada para compensar. 
  Para probar o dispositivo de camuflaxe, os investigadores cubriron unha pequena esfera coa capa e sometérona a un son metálico con ráfagas curtas de son desde varios ángulos. Usando un micrófono, analizaron cómo as ondas respondían e produxeron imaxes de cómo se movían polo aire.
  Cummer e o seu equipo compararon estas imaxes ás creadas tanto cunha superficie plana sen obstáculos e cunha esfera non oculta bloqueando o seu camiño. Os resultados mostran claramente que o dispositivo de camuflaxe fai que pareza coma se as ondas sonoras fosen reflectidas por unha superficie vacía.
Este experto cree que a técnica ten varias aplicacións comerciais potenciais, como o deseño de auditorios con control ou corrección acústico. 


A WEB ESTÁ DE CUMPLEANOS: 25 ANOS

   A idea que deu orixe á web cumple 25 anos. 
               
  En Marzo de 1989, Tim Bemers-Lee, un científico que traballaba no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), presentou unha proposta para desenrolar unha nova forma de vinculación e intercambio de información a través de Internet. O documento foi titulado "Xestión da Información: unha proposta", e , con el, naceu a web. 

 Tras este primeiro documento, Bemers-Lee traballou para facelo realidade. Ao ano seguinte usou un NeXTcube como o primeiro servidor web do mundo e tamén escribiu o primeiro navegador web, WorldWideWeb (www) en 1991. No Nadal dese mesmo ano xa creara tódalas ferramentas necesarias para que unha web funcionase: o primeiro navegador , o primeiro servidor web e as primeiras páxinas web que ao mesmo tempo describían o proxecto.
  O gran avance deste científico foi unir hipertexto e Internet. World Wide Web tiña algunhas diferencias dos outros sistemas de hipertexto que estaban dispoñibles naquel momento: só requería enlaces unidireccionais en vez dos bidireccionais, o que facía posible que unha persoa enlazara a outro recurso sen necesidade de ningunha acción do propietario dese recurso, e que, a diferencia dos seus predecesores -como HyperCard-era non-propietario facendo posible desenrolar servidores e clientes de maneira independente e engadir extensións sen restriccións de licencia. 

 Cos anos, Bemers-Lee uniuse ao seu colega belga Robert Cailliau e ambos traballaron neste sistema. Finalmente, no 1993, o CERN puxo o software World Wide Web no dominio público e fixo a seguinte versión dispoñible cunha licencia aberta, como unha forma máis segura para maximizar a súa difusión.
  O feito de que o CERN decidira facer gratuito o uso da web contribuiu sen dúbida, aínda que xunto con outros factores, á súa enorme popularización, de tal forma que hoxe en día a web é para moitos sinónimo de Internet, aínda cando en realidade Internet é moito máis ca iso.
  Internet é a rede mundial de ordenadores que usan un protocolo común para comunicarse chamado TCP/IP e sobre ela funcionan multitude de servicios como por exemplo o correo electrónico, sen dúbida algunha a primeira aplicación estrela de Internet. 
  Internet deulle á humanidade unha ferramenta para comunicarse libremente, unha das ferramentas máis poderosas que xamais recibimos, citando ao mesmo Berners-Lee: "A web é a humanidade conectada pola tecnoloxía".



miércoles, 12 de marzo de 2014

O SOÑO DA FUSIÓN NUCLEAR

   Un equipo do Lawrence Livermore National Laboratory acaba de conseguir, por primeira vez, que un reactor de fusión nuclear produza máis enerxía da que consume. Un gran paso cara o obxetivo de poder usar no futuro unha fonte enerxética inagotable e limpa. O logro publicouse na revista Nature.

                         
  
  O maior problema co que se enfrentaron ata agora os reactores de fusión nuclear foi o de xerar unha cantidade de enerxía igual ou superior á que se precisa para por en marcha o proceso de fusión. De feito, ás altísimas temperaturas ás que a fusión nuclear se produce, a materia, hidróxeno ou helio, que se usa como combustible non está en estado sólido, nen líquido, nen gaseoso, senón nun "cuarto estado" chamado plasma. E dado que non existe no mundo un material capaz de conter plasma, os " contenedores" do combustible non poden ser físicos, senón magnéticos ou, máis recentemente, xerados por láser. O problema, coñecido como de " confinamento do plasma" precisa dunha gran cantidade de enerxía para funcionar. De feito, máis enerxía da que o reactor é capaz de producir.
              
   Por eso, o "Santo Grial" da fusión nuclear foi , e é, ser capaces de conseguir un balance enerxético positivo que permita o seu uso industrial. Un paso clave neste camiño é lograr "ganancias de combustible" maiores que a unidade, onde a enerxía xerada a través da fusión supere á cantidade de enerxía invertida para o funcionamento do reactor. 
   A pesar de que a ignición do plasma segue sendo o obxetivo final, aínda por resolver, o hito de obter ganancias de combustible foi logrado por primeira vez nun reactor de fusión operado por científicos do Lawrence Livermore National Laboratory. No seu artigo de Nature, os investigadores detallan unha serie de experimentos no reactor NIF (National Ignition Facility) nos que conseguiron un rendemento enerxético que é unha orde de magnitude superior a calquera dos levados a cabo ata o momento en todo o mundo.

                                     
  
   O que conseguiron os investigadores é unha especie de "rebote" de partículas alfa (núcleos de helio producidos pola fusión no reactor de núcleos de deuterio e tritio). Ao facelo, contribúen ao quentamento do combustible, incrementando o número de reaccións nucleares (de fusión) , o cal á súa vez produce máis partículas alfa. Este proceso de retroalimentación é o mecanismo que permite a ignición do reactor.


domingo, 9 de marzo de 2014

A BÓVEDA DA FIN DO MUNDO

   Ben podería ser o escondite do maior tesouro imaxinado en calquera relato épico ou de ficción. Pero a Svalbard  Global Seed Vault dista moito de ser unha mera ficción. É real, tan real como para almacenar nada menos que o que podería ser a salvación da raza humana nun futuro non moi lonxano. 

                 
   
   A só 1.000 kilómetros do Polo Norte, no xeado e inhóspito arquipélago de Svalbard, pertencente a Noruega, atópase a Bóveda Global de Semillas de Svalbard encargada de almacear sementes de todas as variedades de cultivos que hoxe garanten a alimentación no planeta. A construcción financiada polo goberno de Noruega xamais houbera sido posible sen o apoio da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). 
   Na actualidade , alberga 820.000 variedades de sementes que proveñen de 231 países. As últimas 20.000 foron incorporadas esta semana, no sexto aniversario da instalación, facilitadas por 6 estados ou bancos de xens que gardan especies vexetais para protexelas da extinción. Australia, Brasil e Xapón foron os últimos en incorporarse. Brasil entregou a súa famosa faba negra, e o país nipón, preocupado pola seguridade dos seus cultivos despois do terremoto e tsunami de 2.011, cebada. Non existe unha aportación de bancos de xens españois, pero sí hai 4.701 mostras de sementes dos nosos campos. 

                        
   
   O silo, mantido polo goberno noruego e o Global Crop Diversity Trust, un grupo que recibe financiación de varios países, entre eles España, según pode consultarse na súa web, e de diferentes entidades privadas, como a Fundación Bill & Melinda Gates ou a Rockefeller, conserva o seu tesouro natural a menos de 18 grados en paquetes precintados que a súa vez se colocan en caixas de aluminio. A baixa temperatura e o limitado acceso ao osíxeno aseguran que os grans manteñan unha actividade metabólica baixa e retrasa o seu envellecemento. Se se producise un corte da corriente eléctrica, o permafrost, a capa de xeo permanente sobre o chan do exterior, aseguraría a súa viabilidade. Desta forma, según a organización, a conservación das sementes está garantida incluso durante séculos. 
   A cámara está preparada para soportar todo tipo de catástrofes, como terremotos, explosións nucleares ou erupcións volcánicas. En conxunto, é o suficientemente grande como para gardar ata 4,5 millón de mostras. Cada unha delas contén unha media de 500 sementes individuais, así que esta instalación podería almacear no futuro máis de 2.000 millóns de grans. 

  
   Hai que salientar que a propiedade do material permanece no banco de xens ou o país que o depositou. Está regulado por un documento legal entre os donos lexítimos e Noruega. Ninguén máis pode sacar as sementes. 



miércoles, 5 de marzo de 2014

O TEU OLOR DELÁTATE

   Investigadores españois deseñaron unha técnica que permite identificar a unha persoa polo seu olor. Aínda que non ten a fiabilidade doutros sistemas biométricos, como a pegada dactilar, iguala en eficacia ao recoñecemento facial. Este mesmo equipo científico estudia os nosos aromas para detectar a presencia dun cancro.
  Os cans policías levan décadas demostrando na práctica que cada ser humano ten o seu propio e diferente olor. E a ciencia leva anos estudiando cómo imitar aos cans. A tarea non é fácil, porque no aroma dos humanos interveñen moitos factores e poden variar ao longo do tempo. 
  Nembargantes, parece haber coincidencia entre os científicos en que o olor humano está formado en realidade por tres olores. O primeiro e principal sería constante e podería ter unha orixe xenética. Outro secundario, relativamente estable, é o resultado dun conxunto de factores entre os que destacan a dieta e os estados emocionais. Por último, o terciario, é o olor social, o creado polos perfumes, xabóns e cosméticos.

  
  Agora, os investigadores do grupo de investigación de Biometría, Biosinais e Seguridade (GB2S), da Universidade Politécnica de Madrid deseñaron unha técnica para capturar este olor, analizalo e buscalos patróns que permitirían identificar a unha persoa. 
  As portadoras de toda esa información olorosa son as células da pel. E temos unhas cantas, uns 2.000 millóns e perdemos 667 por segundo. Estas células portan boa parte das nosas secrecións corporais e moitas bacterias que se alimentan delas, este é o cóctel que define o aroma de cada humano.
  Os investigadores do GB2S usaron un sensor desenrolado pola empresa Ilía Sistemas para capturar o olor das células presentes na suor da man. Mediante un fluxo de aire, o dispositivo recolle os volátiles da suor por medio dun colector de vapores e fainos pasar por un ionizador. Nunha última fase, un espectómetro de masas captura os ións das distintas moléculas e analízaos. Buscaban así detectar constantes que permitiran diferenciar o olor dunha persoa de o de outra. 
  Para as súas probas, contaron coa participación de 13 persoas ás que tomaron mostras durante 28 sesións, detectaron así uns patróns que se repetían.
  Pero aínda lles falta para poder competir con sistemas como a pegada dactilar ou o recoñecemento do iris, que apenas ten marxe de error, pero xa iguala a outras técnicas como o recoñecemento facial. 

                         
  
  
  Con esta mesma base. o GB2S está analizando as posibilidades do olor como ferramenta de diagnóstico. Buscan marcadores de cáncer de colon analizando o alento ou de volátiles no sangue para detectar a leucemia. En ambos casos, o olor pode convertirse nun elemento de detección precoz. 


miércoles, 19 de febrero de 2014

A INTELIXENCIA, ESTÁ NOS XENES ???

   Investigadores do Instituto de Psiquiatría do King´s College de Londres identificaron por primeira vez un xene que aparece intimamente ligado á intelixencia. 
                                      


 Trátase do xene NPTN, que afecta indirectamente á comunicación entre as células cerebrais a través da codificación dunha proteína que actúa no proceso e que tamén pode controlar a formación da corteza cerebral, a capa máis externa do cerebro humano, coñecida como "materia gris" e cuxo espesor está relacionado coa capacidade intelectual. 

  
  


  O estudio, que analizou mostras de ADN, resonancias magnéticas e test de intelixencia de 1.583 mozos sans de 14 anos, mostrou que os adolescentes cuxo xene NPTN amosaba un alto rendemento tiveron un mellor desempeño nas probas de intelixencia. 
  É importante sinalar que a intelixencia vese influenciada por moitos factores xenéticos e ambientais, nembargantes o xene identificado explica unha pequena proporción das diferencias na capacidade intelectual. 
  En promedio, as probas do estudio reflectiron que os adolescentes cunha variante xenética particular, que afecta negativamente á expresión do xene NPTN e a súa actividade sobre a comunicación neuronal, tiñan unha corteza máis delgada no hemisferio cerebral esquerdo, sobre todo nos lóbulos frontais e temporais, e peores resultado nas probas de capacidade intelectual. 
    Buscaban saber cómo as diferencias estructurais no cerebro se relacionan con diferencias na capacidade intelectual, nembargantes, e por agora, a variación xenética identificada neste estudio só representa o 0,5 % da variación total da intelixencia. 


domingo, 16 de febrero de 2014

A ESTRELA MÁIS ANTIGA DO UNIVERSO

   Un equipo de astrónomos da Universidade Nacional de Australia descubriu a estrela máis antiga do universo ata a data. Según informa a web da Universidade, o astro formouse pouco despois do Big Bang, fai 13,7 millóns de anos. O descubrimento publicado no último número da revista Nature, permitiu aos astrónomos estudiar por primeira vez a química das estrelas, o que deu aos científicos unha idea máis clara de cómo era o universo na súa orixe. 

                        
                  
 O descubrimento, cambiaría a última fronteira alcanzada por investigadores da Universidade Complutense de Madrid, que sosteñen que casi todas as galaxias formaron as súas estrelas fai uns 8.000 millóns de anos. 
  A estrela 031300.36-670839.3, atópase na Vía Láctea a uns 6.000 quilómetros anos luz da Terra.
  Ata agora, pensábase que as estrelas primitivas morreron en explosións extremadamente violentas que contaminaron gran parte do espacio con ferro. Nembargantes, este descubrimento demostra signos de que esta contaminación prodúxose a través de elementos máis lixeiros coma o carbono e o magnesio e non mediante ferro.
  A composición da nova estrela mostra que se formou a raíz dunha estrela primoxénita que tiña 60 veces a masa do sol. Para que unha estrela como o noso sol se formase, foron necesarios o hidróxeno e o helio liberados no Big Bang, aos que se lles engadiu unha gran cantidade de ferro. 
  Nembargantes, para facer esta estrela primitiva, sería preciso un asteroide de ferro do tamaño de Australia e toneladas de carbono. 
  Esta revelación podería ter un gran calado xa que podería resolver unha discrepancia moi prolongada no tempo entre os datos obtidos pola observación e a predicción para aclarar a orixe do Universo, o Big Bang. 
  A estrela máis antiga ata a data descubriuse utilizando o telescopio SkyMapper, de 1,35 metros de diámetro, no Observatorio de Siding Spring, ao sureste do país, onde se está desenvolvendo un proxeto de investigación de cinco anos de duración, que en tan só un fotografiou máis de 60 millóns de estrelas, para crear o primeiro mapa dixital do ceo no sur. 
  Este descubrimento foi confirmado utilizando o telescopio Magallanes, en Chile, de 8,4 metros de diámetro.