Powered By Blogger

sábado, 21 de diciembre de 2013


1O DESCUBRIMENTOS DA CIENCIA NO 

2013

  A inmunoterapia contra o cancro abre una nova esperanza para tratar a enfermidade.

  A comunidade científica experimentou un cambio de escea no 2013, cando lograron ensaios prometedores na inmunoterapia contra o cancro, a creación de mini órganos a través de células nai e estratexias de deseño de vacinas.
  A revista científica Science publicou a súa lista anual dos descubrimentos do ano. En primeiro lugar  encóntranse os novos tratamentos que empuxan ás células T e outras células inmunolóxicas a combatir o cancro. Un achado que abre un panorama máis prometedor no combate desta enfermidade.
                  
1.- Inmunoterapia contra o cancro.
  Varios dos avances de hoxe na inmunoterapia contra el cancro poden ser rastreados a  fins dos anos oitenta, cando investigadores franceses identificaron un receptor nas células T, chamado CTLA-4.
  James Allison descubriu que este receptor preveniu a células T de atacar invasores con toda a súa forza. A mediados dos noventa. Alison mostrou que bloquear o CTLA-4 en ratóns podía desatar ás células T contra as células tumorosas nos animais, encolléndoos dramáticamente.
  Mentras tanto, os investigadores xaponeses identificaron outro "freo" nas células T coñecido como PD-1. Ensaios clínicos involucrando este receptor comenzaron en 2006, e resultados preliminares en pequenos grupos de pacientes parecen ser prometedores.
  Outra área de interese involucra a modificación xenética de células T para volvelas branco de tumores. En 2011 esta estratexia, coñecida como terapia antixénica quimérica, ou terapia CAR, electrificou o campo de investigación do cancro, y e é agora o suxeito de numerosos ensaios clínicos particularmente en cancros de sangue.
  En consecuencia, varias compañías farmacéuticas que non querían ter nada que ver con inmunoterapia fai varios anos, agora están invirtindo moito.
  Aínda hai moita incertidumbre sobre cómo varios pacientes se beneficiarán destas terapias, varias das cales aíndan son experimentais e para qué formas de cancro funcionarán mellor. Os científicos están ocupados tratando de identificar biomarcadores que poderían ofrecer respostas e pensando en maneiras para volver ós tratamentos máis potentes.
  Pero un novo capítulo en investigación e tratamento do cancro comenzou e a revista Science recoñece este feito mediante o recoñecer a inmunoterapia de cancro como o descubrimento científico máis significativo do 2013.
2.- CRISPR: Editar xenomas de forma máis barata, fácil e precisa
  Esta técnica de edición xenética foi descuberta en bacterias, pero investigadores agora empúñanna coma un escarpelo para ciruxía en xens individuais. A súa popularidade disparouse este ano conforme máis dunha dúcia de equipos de investigadores usáronna para manipular os xenomas de varias células vexetais, animais e humanas.
  O equipo de Feng Zhang no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts desenrolou un sistema denominado CRISPR para editar xenomas de forma máis barata, fácil e precisa, e fíxoo imitando un mecanismo que utilizan as bacterias para protexerse a sí mesmas dos virus e fortalecerse.
  En xaneiro, o grupo comproou que o sistema funciona en células eucariotas, o que confirmou o seu potencial para modificar os xenomas de ratóns, ratas e primates e incluso para axudar á investigación de enfermidades humanas.
  CRISPR son secuencias de ADN que moitas bacterias y arqueas utilizan para defenderse a sí mesmas, unha especie de sistema inmune que, ó mesmo tempo, permítelles evadir o dos mamíferos e infectalos.
3.- Células solares de baixo costo
  Unha nova xeración de materiais de células solares, máis baratas e fáciles de producir que aquelas en células de silicón tradicionais, gañaron suficiente atención este pasado ano. Células de Perovskita non son aínda tan eficientes como as células solares comerciais, pero están mellorando moi rápidamente.
4.- Bioloxía estructural para o deseño de vacinas
  Este ano, investigadores usaron a estructura dun anticorpo para deseñar un inmunóxeno – o ingrediente principal dunha vacina—para un virus de infancia que hospitaliza a millóns cada ano. Era a primeira vez que a estructura biolóxica resultou unha ferramenta tan poderosa para combatir unha enfermidade.
  Esta técnica de xeración de imaxe, a cal volve o tecido cerebral transparente e pon ás neuronas (así como a outras células cerebrais) en pleno despliegue, cambiou a maneira na que os investigadores ven a este intricado órgano no  2013.
  Investigadores levaron a cabo un notable progreso cultivando mini "organoides" tipo humanos in vitro este ano. De fígado, mini-riles e cerebros diminutos. Tales órganos humanos miniaturizados poderían probar ser moito mellores modelos de enfermidade humana que os animais.
  Aínda que detectadas orixinalmente fai 100 anos, os científicos non están seguros de onde veñen as partículas de alta enerxía do espacio exterior coñecidas como raios cósmicos. Este ano, finalmente vincularon os raios ás nubes de escombro deixadas atrás polas supernovas ou estrelas facendo explosión.
  Investigadores foron capaces de derivar células nai de embrións humanos clonados este ano tras darse conta de que a cafeína xoga un papel importante no proceso, estabilizando moléculas claves en delicadas células de óvulos humanos.
  Estudios con ratóns mostraron que o cerebro límpase a sí mesmo –mediante expandir canais entre neuronas y permitindo que máis fluido cerebroespinal fluia por estos—moito máis eficientemente durante o sono. Os achados suxiren que a restauración e reparación están entre os propósitos principais de votar un sono.
10.- Os nosos microbios, a nosa saúde
  A investigación dos trillóns de células bacterianas que chaman fogar ó corpo humano deixou claro qué tanto estos microbios fan por nos. A medicina "personalizada" necesitará tomar a estos inquilinos en conta a fin de ser efectivos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario