Powered By Blogger

lunes, 23 de diciembre de 2013

TRASPLANTAN UN CORAZÓN ARTIFICIAL CON TECIDOS BIOLÓXICOS
  Un equipo médico francés trasplantou por primeira vez un corazón artificial elaborado a partir de tecidos biolóxicos, que reduce o risco de rechazo e que funciona de forma autónoma, informou hoxe a empresa que concebiu a prótese.
  A operación realizouse con éxito o pasado mércores no hospital Georges Pompidou de París e foi levada a cabo no marco dun "ensaio clínico", indicou a empresa Carmat nun comunicado.
  O corazón implantado, explicou, xenera unha circulación sanguínea de forma autónoma a nivel fisiolóxico.
                       
  Actualmente o paciente encóntrase, baixo vixilancia, en reanimación, desperto y comunícase coa súa familia, según a nota.
  Carmat presentou fai catro anos esta revolucionaria prótese como unha solución a "decenas de miles" de pacientes con insuficiencias cardiacas e que no tiñan acceso a un donante natural.
  Pero ata setembro pasado a empresa non tivo o permiso das autoridades sanitarias francesas para proceder ó primeiro implante nun ser humano.
  Carmat confía en que o corazón artificial que desenrolou imite á perfección o funcionamento dun órgano natural, adaptando de forma autónoma o seu ritmo á actividade do portador sen necesidade dun control externo.
  A prótese está desenrolada a partir dos componentes, a menudo de orixe animal, das válvulas cardiacas concebidas polo profesor Alain Carpentier, cofundador de Carmat.
  Gracias ós seus tecidos biolóxicos e a súa concepción autónoma, o corazón resolve, dacordo cos seus creadores, os principais problemas ós que se enfrentan as próteses cardiacas artificiais.
  
  O corazón está dotado de sensores electrónicos y dun complexo sistema electromecánico que detecta a posición na que se encuentra o paciente -de pé, sentado ou tumbado- ademáis da presión venosa y arterial ligada a súa actividade, polo que adapta a frecuencia cardiaca e o fluido ás diferentes situacións.
  A concepción da próteses é froito do traballo dun equipo multidisciplinar no que, ademáis da experiencia médica de Carpentier, participaron enxeñeiros do consorcio aeronáutico europeo EADS, propietario do fabricante de avións Airbus.
  Máis de quince anos de estudio permitiron crear este corazón co que os seus inventores esperan salvar "decenas de miles de pacientes".


No hay comentarios:

Publicar un comentario