"MINI-RILES" A PARTIR DE CÉLULAS NAI
Un equipo de investigadores do Centro de Medicina Rexenerativa de Barcelona (CMRB), do Salk Instituto de California e do Hospital Clinic de Barcelona logrou crear "mini-riles" en cultivo utilizando células nai humanas. Ata a fecha os científicos non conseguirar xenerar células de ril en cultivo.
Este avance facilitará o estudio das enfermidades renais, o descubremento de novos fármacos e é un paso máis cara a aplicación de terapias basadas no uso de células nai. As enfermidades renais constituen un grave problema de saúde pública. Nos casos máis graves son incurables e os pacientes precisan diálisis ou trasplante renal.
Un equipo dirixido polo investigador e director do CMRB, Xoan Carlos Izpisúa , conseguiu crear células renais a partir de células nai humanas, e non só eso, demostraron que as células así creadas son capaces de agregarse en cultivo formando estructuras renais tridimensionais, virtualmente indistinguibles ós riles embrionarios.

Dende que se descubriu unha fórmula eficaz e sen reparos éticos de transformar as células da pel en calquer outro tipo de célula (neuronas, do corazón, hepáticas, da retina...) varios grupos de investigación conseguiron crear novos tecidos e estructuras humanas. Así puidéronse xenerar xemas de fígado ou "mini-cerebros". Nembargantes, ata agora tiverase pouco éxito en converter células nai en células renais. De ahí a importancia do traballo do grupo español.
O equipo do CMRB ten agora dúas metas inmediatas. Por un lado, xenerar nefronas totalmente humanas no laboratorio para acoplar co sistema colector que xa xeneraron e, por outro lado, inducir a rexeneración do ril directamente. Eso significaría que non sería preciso crear novo tecido para trasplantalo, senon que se podería reparar o ril dañado cun medicamento.
Os novos avances, como este, abren unha esperanza a pensar que en poucos anos teremos unha medicina personalizada e de vanguardia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario