
O Día Mundial da Filosofía celebrouse o xoves 21 de novembro. Aínda que a Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) o declarou oficialmente no 2.005, é o terceiro xoves do mes de novembro e vense celebrando dende o 2.002.
O tema deste ano é: "Sociedades Inclusivas, Planeta Sostible".
Este día estableceuse para destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara a xente xoven e tamén para sinalar que "a filosofía é unha disciplina que estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia".
Os 5 obxectivos do Día Mundial da Filosofía son:
- Renovar o compromiso rexional e internacional en favor da filosofía.
- Alentar a análise, a investigación e os estudos filosóficos sobre os grandes problemas contemporáneos para responder mellor ós desafíos cos que se enfronta hoxe en día a humanidade.
- Sensibilizar á opinión pública á importancia da filosofía e da súa utilización crítica nas eleccións que plantexan a múltiples sociedades os efectos da mundialización ou a incorporación á modernidade.
- Facer un balance da situación da ensinanza da filosofía no mundo, insistindo particularmente nas dificultades de acceso.
- Subraiar a importancia da xeneralización da ensinanza filosófica para as xeracións futuras.

Este día celebrouse con actividades a nivel internacional, nacional e local. Estos eventos permitiron ós participantes compartir unha gran cantidade de puntos de vista e experiencias, respetando a diversidade cultural.
Nesta ocasión celebra a filosofía en xeral e ó mesmo tempo, ofrece unha oportunidade para reflexionar sobre algúns dos principais desafíos contemporáneos, que están relacionados co tema do día "Sociedades Inclusivas, Planeta Sostible".
No hay comentarios:
Publicar un comentario