Powered By Blogger

viernes, 1 de noviembre de 2013



 KEPLER 78B, 
O PLANETA MAIS SIMILAR A TERRA

   Investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) descubriron que o pequeno planeta Kepler 78b, que está a 700 anos luz de aquí é moi similar á Terra.

  Por tamaño e por masa é algo superior, ten 1,7 veces a masa da Terra, 1,2 veces o tamaño e a súa densidade é de 5,3 gramos por centímetro cúbico.A súa composición de ferro e roca é case a mesma. E a temperatura anda entre os 3.000 e 5.000 grados centígrados, un verdadeiro inferno polo que non sería habitable. 
  Ten unha estrela Kepler-78 que é moi parecida ó noso Sol, é un 30% mais pequena pero é da mesma cor e temperatura superficial e da unha volta completa arredor dela cada 8,5 horas (unhas 20 órbitas á semana), en lugar dos 365 días que tarda a Terra en dar a volta ó Sol. A súa cercanía á súa propia estrela implica tamén que a súa órbita debe ser inestable e que en pouco tempo será arrastrado cara o seu sol. Así pois, este planeta está destinado a desaparecer, aínda que esto podería ocorrer dentro de 3.000 millóns de anos. 

  
  O seu descubrimento foi posible gracias a un espectrógrafo de alta resolución deseñado especificamente para a búsqueda e o estudio dos planetas extrasolares. Trátase de HARPS-N (Hign Accuracy Radial Velocity Planet Searcher-North), co que os científicos esperan estudiar e confirmar qué candidatos observados previamente polo telescopio Kepler da NASA poden pasar a considerarse oficialmente exoplanetas. 
  O que fai que se considere a Kepler-78b un planeta especial é que é ata agora o máis parecido á Terra que se descubriu en términos de peso e tamaño. 
  O estudo de planetas extrasolares é un deses campos de investigación que máis atrae ó público e que desperta máis pasións na comunidade científica. 
  Moitos países están financiando agora novos espectógrafos para os grandes telescopios e satélites para observar a composición das atmósferas destes planetas. Encontrar un planeta, ou ben moitos, que poidan ser habitables será a próxima revolución copernicana e cultural. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario