Powered By Blogger

sábado, 26 de octubre de 2013

RELANCE DA ENERXÍA NUCLEAR

    A industria nuclear empeza a asoma-la cabeza tra-lo duro golpe da catástrofe de Fukushima, ocorrida en marzo do 2011. 
   O Reino Unido apostou esta vez pola enerxía nuclear ó dar luz verde á construcción da primeira central en Inglaterra dende 1995, en medio da polémica polo elevado precio da electricidade e a seguridade destas plantas.

             
   Despois dun ano de negociacións, o goberno británico pechou este luns un acordo coa empresa estatal francesa EDF para a construcción de dous reactores na planta Hinkley Point C, en Somerset, o que suporá invertir 16.000 millóns de libras (19.040 millóns de euros) e crear 25.000 empregos. 
   Esta planta de última xeración, será a primeira do mundo dende o desastre de Fukushima.
   Terá capacidade para xerar electricidade a uns seis millóns de fogares, o que equivalería ó dobre do tamaño de Londres. 
    Unha vez que a planta traballe ó pleno da súa capacidade, cara 2030, facilitará o 7% da demanda de electricidade do Reino Unido e axudará ó país a cumprir coas súas metas de reducción de gases que contaminan o medio ambente. 
   Por enriba de todo, o proxecto de Hinkley Point ten o potencial de dar un xiro á industria nuclear porque propón un novo modelo. Acabouse o vello sistema polo que as costosas centrais se construían con diñeiro público. No programa británico construiranse os reactores con diñeiro privado e a cambio o estado garantizalle a súa rentabilidade asegurando ós inversores un precio mínimo pola enerxía  que produzan. Dase a paradoxa de que o que o goberno describe como capital privado é en realizade capital público extranxeiro: as francesas EDF e Areva que cubrirán un 55-60% da inversión, mentras que dúas compañías estatales chinas suscribirán entre un 30 e un 40%. 

   
   Hinkley Point confirma as tendencias marcadas polo Organismo Internacional da Enerxía Atómica (OIEA), que falaba no 2012 dun crecemento nuclear a un ritmo mais lento que o previsto antes de Fukushima. O trasfondo económico subyace en tódolos proxectos, primeiro polo descenso da demanda enerxética que derivou da crise, segundo, pola escasez financieira que compromete a viabilidade económica das centrais nucleares. 
   A utilización de reactores nucleares para a producción de electricidade nunca estivo xustificada económicamente como demostra a historia e o feito de que ningún destes reactores fora construido e operado sen garantías estatais sobre a súa rentabilidade, e con cargo ó sector público dos seus moitos inconvintes: limitación da responsabilidade civil ante un accidente, tolerancia das súas emisións radioactivas rutinarias, almacenamento de residuos, etc. A pesar desto, os partidarios deste tipo de enerxía sempre afirmaron que se trata dunha boa opción, tanto dende o punto de vista económico como na necesaria reducción de emisións causantes do cambio climático. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario