Powered By Blogger

domingo, 20 de octubre de 2013

CANCRO, A PALABRA TABÚ


   
O cancro é unha enfermidade da que segue costando falar de forma clara. Moitas veces é frecuente utilizar eufemismos á hora de falar de alguén que o padece.
  Un "tumor maligno", "una longa enfermidade" ou referirse ó cancro coma  "o teu" son algunhas das expresións que coloquialmente suplen á palabra cancro no que parece un esforzo por desdramatizar unha enfermidade que, durante moitos años, foi sinónimo de morte.

                             

  O Instituto Nacional do Cancro de Estados Unidos, organismo máis importante do país en investigación, recomenda redefinir a palabra "cancro" como resposta ó incremento de sobrediagnósticos e sobretratamento dos pacientes no país.O cancro defínese na actualidade coma unha enfermidade que é causada por un grupo de células que proliferan sin control e se multiplican de forma autónoma, invadindo localmente e a distancia outros tecidos en calquera parte do corpo.
   Namentres uns tipos de cancro ou tumores son malignos e poñen en risco a vida do enfermo, outros, en cambio, non o fan, pero os pacientes, moitas veces asustados simplemente polo termo, inclínanse polo tratamento mais agresivo do abano de opcións, a pesar da posible benignidade da súa condición. Incluso, nalgunhas ocasións, elixen un camiño no que as consecuencias emocionais e físicas son devastadoras.
  Teríase que eliminar a palabra para aqueles diagnósticos mais leves e que debido ós grandes avances médicos son detectados e tratados a tempo.
  Hai unha gran diferencia entre a mentalidade de agora e a de hai 20 anos na reacción que unha persoa ten cando se lle detecta unha célula canceríxena e o medo a morrer.

  A palabra cancro xurdiu hai moitos anos cando as tasas de mortalidade eran moi altas e, nese momento, era normal que tivera unha connotación negativa. Hoxe en día, sabermos que non é sinónimo de morte pero, aínda así, a palabra en sí segue xerando temores e medos que fan que moitas persoas utilicen outra.

                           
    O cancro é unha enfermidade que, según os pacientes, deixou de ser un estigma oculto, pero da que todavía costa falar. Os expertos e enfermos cren que enfrentarse á palabra cancro e perde-lo medo a pronunciala é o primeiro paso para comeza-la loita contra a enfermidade.
  O cancro é un dos maiores problemas sociosanitarios do mundo, só en España diagnostícanse mais de 200.000 novos casos de cancro cada ano. Provoca a morte dunhas 7,6 millóns de persoas cada ano no mundo e estímase que para 2030 a cifra aumente a 11,5 millóns, segun os datos da Organización Mundial da Saúde.
  A palabra "cancro", hoxe ambivalente, experimentará algún día unha transformación no seu sentido, gracias ós avances científicos, como sucedeu con gripe (noutro tempo enfermidade mortal, e agora apenas un contratempo). Hoxe en día perdeu xa unha parte do seu dramatismo, pero o proceso de cambio desenrólase con lentitude. Mentras todo eso non chegue, o término "cancro" segue asustando ós enfermos.     Quizais moitos o reciben coma un golpe peor incluso que os seus propios efectos. Quizais outros prefiren a expresión na súa dureza. Pero as veces as palabras axudan a curar, e por elo, cando se trata de cánceres que permiten esperar unha solución, enténdese que haxa médicos que prefiran outra forma de comunica-lo diagnóstico, sobre todo se necesitan unha reacción esperanzada. Non un eufemismo, senon un vocablo que, coma a realidade, deixe unha marxe para a loita. Tal vez "tumor" poida valer. "Cancro" non se asocia nunca con "benigno", e evoca na súa orixe latina ó cangrexo que coas patas atenaza ó enfermo, pero "tumor" en latín só significaba "hinchazón", e para ser malo precisa dun adxetivo. Aínda que pareza increíbel, a etimoloxía das palabras segue influindo no olfato co que as percibimos.


                             


No hay comentarios:

Publicar un comentario