Powered By Blogger

jueves, 21 de noviembre de 2013

O SOL HIPERACTIVO

   O sol é unha masa de gas que se atopa literalmente en ebullición. A súa superficie, a fotosfera, está dividida en células de convección, cada unha cun tamaño parecido ó da península Ibérica (uns 1.000 kilómetros).
  Cada once anos o Sol precisa recompoñer a súa estructura magnética completamente e, para esto, intercambia os seus polos magnéticos Norte e Sur, comenzando un novo ciclo. O proceso de intercambio de polos correspondente ó presente ciclo vense observando dende hai uns meses.
  O Sol atravesa agora polo seu momento de máxima actividade. Este periodo ven a continuación dun mínimo que foi particularmente longo e tranquilo.

 
  O que sucede en realidade é que o periodo solar de once anos é moi irregular. A súa duración pode variar entre sete e quince anos e os seus máximos e mínimos poden ter amplitudes moi variables.
  O actual máximo solar ten as características habituais. Ata agora as maiores fulguracións tiveron lugar o 6 de agosto do 2011 (tipo X6.9) e o 7 de marzo de 2012 (tipo X5.4), ás que lle segue a do 5 de novembro do 2013 (tipo X3.3).
  A erupción do día 5 de novembro foi captada desde o espacio polo Solar Dynamics Observatory (SDO) da NASA.
  Según o sistema de clasificación, os niveis das fulguracións son de 5 tipos: A,B,C,M y X según o fluxo crecente de raios X medido nas inmediacións da Terra. Cada tipo ten un fluxo 10 veces maior ca o anterior. Dentro de cada tipo, subdivídense dacordo con unha escala lineal de 1 a 9, por exemplo: X1, X2, X3, ..., sendo as X9 as fulguracións máis intensas da escasa, 9 veces máis intensas que as de tipo X1. Fulguracións de enerxía superior a X7 houbo moi poucas nos últimos 30 anos.
  Os raios X procedentes das fulguracións, tardan uns 8 minutos en alcanzar o noso planeta. Cando esta radiación é moi intensa pode xerar problemas serios na propagación de ondas de radio dos nosos sistemas de comunicacións, sobre todo nas ondas cortas utilizadas na aviación de largo alcance, comunicacións de emerxencia e sistemas de radioaficionado.


  Xunto coa radiación X, as erupcións solares poden ir asociadas con eyeccións de masa coronal que arrastran grandes cantidades de partículas moi enerxéticas que supoñen un perigo grave para as naves espaciais que se atopen na súa traxectoria. Estas partículas cargadas, que viaxan a velocidades de entre 300 e 1000 kilómetros por segundo, poden tardar 2 ou 3 días en chegar á Terra. Cando alcanzan o noso planeta, penetran na atmósfera seguindo as liñas magnéticas da magnetosfera, esto é, polas rexións cercanas ós polos. O interactuar cos átomos e moléculas da atmósfera dan lugar ás auroras boreais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario