O RELOXO BIOLÓXICO DO ADN
Todo o mundo envellece, pero os científicos non saben realmente porqué ocorre. Un estudo da Universidade de California-Os Anxeles (UCLA) , nos Estados Unidos, revela un reloxo biolóxico incrustado no noso xenoma que pode dar información de porqué os nosos corpos envellecen e cómo frear o proceso.

Para crealo, o profesor de Xenética Humana na Escola de Medicina de UCLA, Steve Horvath, centrouse na metilación, un proceso natural que altera químicamente o ADN. Este experto tamizou 121 conxuntos de datos previamente recollidos polos investigadores que estudiaron a metilación nos tecidos humanos sans e cancerosos.
Recollendo información de cerca de 8.000 mostras de 51 tipos de tecido e células de todo o corpo, trazou cómo a idade afecta ós niveis de metilación de ADN desde o prenacimento ós 101 anos.
Para identificar o reloxo, concentrouse en 353 marcadores que cambian coa idade e están presentes en todo o corpo. Horvath probou a eficacia do reloxo mediante a comparación da idade biolóxica dun tecido á súa idade cronolóxica e, o reloxo resultou exacto en varias ocasións.
Este reloxo acelerase nos primeiros anos de vida ata os 20 anos, logo reduce a súa velocidade e mantén un ritmo continuo, según a investigación, que indica que aínda se descoñece si os cambios no ADN causan o envellecemento.

Ademáis a investigación analizou a importancia das células nai no proceso de envellecemento. "A investigación mostra que tódalas células nai son recién nacidos", explica Horvath.
O estudio foi publicado na revista especializada Genome Biology e a propia universidade solicitou xa unha patente provisional desta ferramenta de predicción da idade dos tecidos.
http://www.youtube.com/v/UecwS2QYOA0?autohide=1&version=3&attribution_tag=jMEd8yfNiROt9AXyGWo3xQ&showinfo=1&autohide=1&feature=share&autoplay=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario