EN BUSCA DA "SUPERINTELIXENCIA"
Nunhas luminosas oficinas na Universidade de Oxford, máis de 300 académicos levan oito anos buscando respostas ás "grandes preguntas" da nosa civilización. Estamos no Instituto para o Futuro da Humanidade (FHI), recorrido por un taboleiro branco na que os algoritmos e as ecuacións se suceden nunha especie de grafiti inquietante e indescifrable.

A falta dunha bola de cristal, Nick Bostrom séntase nunha desas pelotas de pilates que fan as veces de sillas ante a gran mesa de reunións. O filósofo e matemático sueco de 40 anos, considerado como un dos 100 mellores cerebros do planeta pola revista Foreign Policy, leva as riendas do FHI e intenta despexar desde eiquí a brétema do que nos espera nas próximas décadas, que non é pouco.

Un dos campos predilectos de Bostrom é o estudio das catástrofes existenciais e os riscos da especie humana.
Tres tecnoloxías, tres, ofrecen según Bostrom a gran promesa ou a gran ameaza, según se mire: a nanotecnoloxía molecular, a bioloxía sintética e a superintelixencia. O ideal, según el, é que a superintelixencia artificial (a creación dun intelecto que se comporta de maneira superior ós cerebros humanos) avanzara máis rápido que as outras dúas tecnoloxías e nos permitira un relativo control.
Bostrom é un dos maiores adalides do transhumanismo (cómo aplicar a tecnoloxía para mellorar as capacidades físicas e mentais da nosa especie). "Non creo que vaia a haber un momento máxico ou místico da fusión home-máquina no 2044 ou en calquer outro ano simbólico. Creo que todo vai a ser máis gradual, e ata certo punto é desexable que así sexa, para que poida haber un debate na sociedade e se poidan evaluar as dimensións éticas".
A carreira cara a superintelixencia segue aberta e os riscos son tamén patentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario