Powered By Blogger

martes, 17 de diciembre de 2013

RIR É UNHA COUSA MOI SERIA

   Desde sempre se dixo que rir é moi saudable, pero según un traballo que se publica no British Medical Journal advirte que a risa tamén ten efectos secundarios. 
  O informe revisou os beneficios e os danos da risa reportados entre 1946 e 2013. E  a conclusión é " a risa é un asunto serio".
  Os beneficios son moitos, reduce a ansiedade, a depresión e o estrés. Ademáis está demostrado que reduce o risco de infarto de miocardio e infarto recurrente, mellora a función pulmonar na enfermidade pulmonar obstructiva crónica (EPOC), consume unhas 40 kcal cada 15 minutos - así rindo todo o día poderíase consumir unhas 2000 calorías e perder peso- e aumenta a tolerancia á dor. Ademáis, a risa aumenta a tasa de éxito das técnicas de fecundación in vitro.  
  
  Nembargantes, a risa tamén pode ter efectos adversos. Pode producir desmaios e incluso facer que o corazón deixe de later. Hai informes de que a risa pode producir ataques de asma, neumotórax -aire entre o pulmón e a parede torácica-, incontinencia de ouriños ou catalepsia -unha condición na cal os músculos se debilitan se o paciente experimenta a risa ou outra emoción- A esta lista pódense engadir as dores de cabeza ou a dislocación da mandíbula.
  A pesar de todo, é recomendable rir, mellor en pequenas dosis, porque probablemente fai a vida máis agradable aínda que non nos faga vivir máis. 
  
A risa é unha cousa moi seria. A risa é o alimento da esperanza, a xente que nos fai rir, reconcílianos co mundo, rompen as distancias que nos impoñemos en ocasións, entre os seres humanos, fainos ver que nos une a todos o mesmo anhelo de felicidade, de sentirnos alegres, de estar a gusto e contentos.
  Xa sabe, ría, pero fágao de forma espontanea na que os seus músculos se relaxen. Polo contrario, se a súa risa é patolóxica, pode perxudicar seriamente a súa saúde. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario