Powered By Blogger

jueves, 26 de diciembre de 2013

NON É MAXIA, É CIENCIA
  Moitos dos trucos utilizados polos ilusionistas básanse nas propiedades sorprendentes de certos materiais. O  nitinol, por exemplo, é unha aleación de níquel e titanio que ten unha curiosa propiedade coñecida como memoria de forma. Cando este material sufre unha deformación, pode recuperar a súa forma inicial despois de quentalo un pouco. Esto, ademáis das múltiples aplicacións prácticas que pode ter (en medicina, odontoloxía, válvulas termostáticas), permite facer experimentos espectaculares.
Masilla magnética. | EM
  Outro material con propiedades fascinantes é o galio, un metal que non existe libre na natureza, senón que se crea artificialmente e que ten un punto de fusión baixo, duns 30 ºC. Por iso é fácil facelo pasar de estado sólido a líquido manteñendoo na man. Ademáis, trátase dun metal con moi baixa toxicidade, a diferencia do mercurio, razón pola que se usa nos termómetros.
 Un terceiro material 'máxico' é o que se coñece como masilla magnética. Aínda que se puede comprar, Michael Saurus, inventor de multitude de obxetos curiosos, explica cómo fabricar unha versión casera a partir de plastilina e polvo de óxido de ferro.
 O experimento con esta masilla consiste en expoñela a un pequeno imán, de forma que se verá atraída cara el e creará a ilusión de que a sustancia engulle a pequena peza magnética. Existen na redeespectaculares vídeos con timelapse nos que se aprecia este efecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario