Powered By Blogger

jueves, 12 de diciembre de 2013

OS INQUEDANTES SONS DO ESPACIO

   Aparte dunha panorámica da Terra e a Lúa orbitando xuntas, a xonda Xuno captou algo máis durante a súa volta de aceleración de camiño a Xúpiter. Ese día, os "oídos" da sonda estaban orientados cara a Terra para intentar captar a mensaxe de saúdo que máis de 1.400 estacións de radio amateur estaban emitindo en morse. Esto foi o que grabou. 

  
  O video corresponde ás transmisións de  radio coa palabra "Hi" (Hola) claramente audibel en morse (catro pitidos seguidos de dous). De fondo, nembargantes, pódese escoitar un coro inintelixible do que parecen voces fantasmagóricas dignas dunha psicofonía. 
  Nada que ver con pantasmas nin demos. Esas voces non son outra cousa que as fluctuacións nas ondas de radio do campo magnético terrestre, convertidas en sinais de audio polos receptores da Xuno. O espacio non é tan silencioso como creíamos, despois de todo. Só fan falta os oídos adecuados. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario