MORREU MIJAÍL KALÁSHNIKOV, O INVENTOR DA ARMA MÁIS USADA DO MUNDO
Kalashnikov, fillo de campesiños siberianos que nunca terminou a escola, amosou desde o seu alistamento no Exército Roxo en 1938 un gran interés polo desenrolo de armas de fogo. No ano 1941, destináronno a Leningrado, agora San Petersburgo, para que utilizara as súas ideas na mellora dos carros de combate soviéticos. Nunha batalla contra os nazis na que conducía un tanque, resultou ferido e foi hospitalizado.
Alí escoitou as queixas dos seus compañeiros sobre as anticuadas carabinas soviéticas e empezou a idear a nova arma. Nada máis saír do hospital, Kalashnikov comenzou a traballar no proxecto, que rapidamente chamou a atención dos seus superiores e trasladáronno ó instituto da aviación de Moscú para que traballara con máis recursos. O proxecto final concluiu no 1947 baixo o acrónimo de Avtomat Kaláshnikov, modelo 1947 (AK-47).
Kalashnikov convertiuse nunha institución en Rusia e contou cun gran recoñecemento no país. Incluso, no 2009, o Kremlim nombrou a Mijail Kalashnikov "héroe de Rusia" pola súa aportación ó país coa creación da arma, que tivo un gran protagonismo militar nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial.
O creador do fusil comentou en máis dunha ocasión que inventouno para defender a súa patria e que lamentaba que houbera caído en malas mans. "Non teño culpa de que a arma que leva o meu nome sexa a que máis xente matou na histori. Eu deseñei un instrumento para a paz", comentou en varias ocasións o inventor.

Nos seus anos de historia sufriu máis de 20 modificacións, se ben, a maioría conservan a estructura orixinal.
Encóntrase oficialmente en servicio en 55 países e adorna emblemas nacionais como, por exemplo, a bandeira de Mozambique ou Timor Oriental.
Pero ademáis, as súas características convertíronno no fusil máis popular tamén entre grupos guerrilleiros e milicianos terroristas. A súa capacidade para seguir respondendo tras ser lanzado ó barro, sumerxido en auga ou incluso, atropelado por unha camioneta, facíanno especialmente útil para a "guerra de guerrillas".
Kalashnikov confesou no 2007, con motivo do 60 aniversario do rexistro oficial do seu fusil na URSS, que os nazis, ó invadir o seu país na Segunda Guerra Mundial (1939-1945), foron os verdadeiros responsables do seu invento porque a súa auténtica vocación era deseñar maquinaria agrícola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario