Powered By Blogger

lunes, 30 de diciembre de 2013

UNHA RETINA BIÓNICA RESTABLECERÁ A VISTA ÓS CEGOS
  A recuperación da vista nos cegos foi sempre un argumento de ciencia ficción, pero unha compañía israelí estao convertindo en realidade para pacientes que padecen cegueira polo deterioro da retina.
Trátase dun dispositivo do tamaño dun gran de arroz, que emula a función da retina capturando as sinais visuais como unha cámara, para logo convertilas en sinais eléctricas que estimulan as neuronas para crear as imaxes no cerebro.
O chip foi probado con éxito en porcos e a compañía Nano-Retina, con sede na cidade israelí de Herzliya, prevé que contará cun prototipo humano da súa denominada "Bio-Retina" dentro de dous anos.
O dispositivo implántase na parte posterior do ollo nunha intervención relativamente sinxela, similar a unha de cataratas que dura uns 30 minutos e só require anestesia local.
                                   
A visión que obterá o paciente permitiralle ver a televisión e identificar rostros gracias a unha resolución de 600 pixels (o modelo máis sofisticado), pois os creadores estudiaron que 260 pixels é o mínimo para ter un nivel de visión aceptable.
Non obstante, ésta será en blanco e negro, e ós que se lles implante o dispositivo non poderán conducir ou ler letras que non sexan de grandes dimensións.
Ademáis da facilidade para introducir o artiluxio no ollo, este non dispón de batería polo que a súa implantación será definitiva, e a súa única fonte de enerxía procede dunhas gafas de sol especialmente diseñadas que transmiten de forma inalámbrica un láser directamente ó chip e poden recargarse polas noites.
A Bio-Retina actúa asimismo de maneira armoniosa cos movementos naturais do ollo, incluidos os do globo ocular ou a dilatación das pupilas, o que facilitará ó paciente mirar de lado a lado sen necesidade de ter que xirar a cabeza.
                           
De momento, o revolucionario invento resolverá a vida a pacientes con retinosis pigmentaria e dexeneración macular asociada á idade (AMD, polas súas siglas en inglés), trastornos comúns a partir dos 60 anos.
Pero os responsables da retina biónica prevén que no futuro se abrirá o terreo ó tratamento de enfermedades como a retinopatía diabética, ou aquelas nas que o foto-receptor se atrofia e non pode funcionar outra vez debido a que non hai células que poidan traducir a luz que chega á retina nunha visión útil.
O dispositivo non serve para aqueless que naceron cegos ou sofren doencias non relacionadas con lesións retinais.
Para sacar adiante este sofisticado producto a empresa israelí colabora con equipos científicos e industrias en todo o mundo, co fin de estudiar a mellor solución a determinados problemas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario