Powered By Blogger

miércoles, 18 de diciembre de 2013

O ROBOT CHINO "YUTU" RODA POLO CHAN DA LÚA

   China apuntouse un importante dobre éxito na Lúa, este fin de semana, co descenso controlado da súa nave automática Chang E3 ó chan e, ás poucas horas, coas imaxes do vehículo Yutu, que viaxou no seu interior, avanzando os primeiros centímetros polo chan lunar. Son dúas maniobras moi difíciles que os enxeñeiros e científicos chinos lograron realizar á primeira. 


   Tras o alunizaxe da Chang E3, as seis rodas do Yutu ( Coello de Xade), amarradas durante a viaxe, soltáronse mediante pequenos dispositivos explosivos, cortouse o cable de conexión ca nave, despregáronse dúas estreitas rampas e por elas rodou o vehículo ata o chan lunar. Unha cámara da Chang E3 amosou os primeiros centímetros de avance do robot, xa co panel solar e o mástil despregados. As imaxes foron transmitidas pola televisión china CCTV , igual que, unhas horas antes, ás 14:12 (hora peninsular española) do sábado, emitiu en directo, desde o centro de control aeroespacial en Pekin, a operación de descenso suave da Chang E3 ó chan lunar. Según explicou a axencia espacial do país asiático, o robot móvese polas llanuras de lava que forman a coñecida como Bahía Arcoiris, un lugar elexido pola intensa exposición o Sol. 

  
  Cun peso de 140 kilos, o robot pode desprazarse a 200 metros por hora e está equipado, entre outras cousas, con catro cámaras e dous brazos móviles que poden extraer mostras do chan lunar. Durante a súa misión, instalará un telescopio na Lúa por primeira vez na Historia, observará a plasmaesfera (gas ionizado que circunda a Terra) e examinará mediante radar a superficie do satélite. Está deseñado para funcionar durante tres meses nos que explorará un área de tres kilómetros cuadrados viaxando unha distancia máxima de 10 km. 


  
  Este acontecemento histórico está sendo seguido con especial interés polos Estados Unidos, preocupado porque a chegada do robot chino elimine algúns dos lugares "históricos" da NASA no satélite. De feito, tras coñecer o lanzamento desta misión asiática, o goberno estadounidense plantexouse crear un "proxecto de lei da Lúa" que calificaría os sitios de alunizaxe das misións Apolo como parque nacional. 
  Nembargantes, esta idea podería crear problemas, xa que estaría violando o Tratado do Expacio Exterior das Nacións Unidas, un acordo que prohibe ós países ter posesión de territorio na Lúa e outros corpos celestes. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario