Powered By Blogger

lunes, 23 de diciembre de 2013

OS RECORDOS PÓDENSE BORRAR
  Un equipo internacional de investigadores constatou en humanos que os recordos pódense borrar de maneira selectiva mediante a terapia electroconvulsiva (TEC), aplicada pouco despois de que os citados recordos sexan evocados.
  Esta é a principal conclusión dun traballo que publica a revista Nature Neuroscience, liderado por Marijn Kroes (Holanda).
  Nel participan, entre outros, o británico Bryan Strange, director do laboratorio de Neurociencia Clínica, no Centro de Tecnología Biomédica (Universidad Politécnica de Madrid), e Guillén Fernández, director do Donders Centre for Neuroscience, Holanda.
  O experimento realizouse en Holanda con 39 pacientes diagnosticados con depresión e ós que xa se lles aplicaba a TEC.
                    
  Os investigadores fixéronlles aprender dúas historias con contido emocional -unha dun atraco e outra dun accidente-, unha semana antes de que lles fora aplicada a terapia electroconvulsiva.
  A aprendizaxe destas historias foi a través da combinación de diapositivas e unha narración, explicou a Efe Strange.
  Chegado o momento da TEC no quirófano, os investigadores mostraron a un grupo de pacientes a primeira diapositiva, en parte oculta, dunha das historias, xusto antes de que recibiran as correntes do citado tratamento.
  O obxetivo, evocar os seus recordos sobre esa historia desagradable que aprenderan.
  Vintecatro horas despois, os investigadores preguntaron ós pacientes que recordaran ambas historias e constataron que aqueles que recibiran electroconvulsións presentaron unha pérdida de memoria ó intentar recordar a historia reactivada antes da TEC.
  "Este experimento demostra que se poden disminuir os recordos selectivamente", según Strange, e confirma que existe un proceso de reconsolidación da memoria.
  E é que históricamente a neurociencia falou de tres fases na memoria: codificación, consolidación e proceso de recordo, pero desde fai uns anos uniuse unha cuarta, a de reconsolidación.
 A primeira é o momento da aprendizaxe, a segunda é cando o aprendido se consolida e a terceira o que logramos recordar.
 A cuarta fase, a de reconsolidación, dáse cando un recordo xa consolidado é evocado -por exemplo, unha paisaxe ou un olor pódenos evocar un recordo determinado-, e é eiquí cando se abre un período de labilidade ou fraxilidade no cal a memoria pode ser modificada por un factor externo, como neste experimento.
 Este estudio, según Strange, afonda no coñecemento sobre cómo se pueden modificar os recordos no cerebro e podería axudar a pacientes, por exemplo, con trastorno de estrés postraumático.


No hay comentarios:

Publicar un comentario