Powered By Blogger

sábado, 21 de diciembre de 2013

UN SOLDADO BRITÁNICO CONTROLA O SEU BRAZO BIÓNICO COA MENTE

   Andrew Garthwaite perdeu a totalidade do seu brazo dereito durante un bombardeo na provincia de Helmand (Afganistán) contra os talibáns, en setembro de 2010. Durante meses, a súa vida cambiou  drásticamente ante a incapacidade de realizar tareas tan cotidiáns como preparar un café. Gracias á evolución da ciencia, este soldado británico de 26 anos puido recuperar a movilidade mediante unha das próteses de brazo máis avanzadas do mundo que controla coa súa mente. 
  A extremidade dereita de Garthwaite desprendeuse á altura do seu ombro. Os cirurxiáns tomaron as puntas dos nervios que seguirían ó longo do seu brazo ata a súa man e conectáronnas cos músculos do seu peito. Unha conexión electrónica une esta área co seu brazo biónico.


   "Tomamos tódolos nervios que ían ó seu brazo e dirixímolos ó seu peito. Cando pensa en mover a súa man, o seu brazo ou os seus dedos os diferentes músculos da parede do seu peito actívanse", explica o cirurxián OskarAszmann.
  Tras unha operación de seis horas para implantar a prótese ó seu corpo nun centro médico en Viena e dous anos aprendendo a movela e a agarrar obxetos, a día de hoxe pode preparar por si mesmo un sandwich ou plantar unhas flores. O ano pasado conduxo un coche e volveu na súa moto, aseguran desde o Centro de Rehabilitación Médica de Defensa en HeadleyCourt, Surrey.
  O enfoque revolucionario foi aclamado como un gran avance na biónica e a rehabilitación, xa que proporciona ós pacientes o control natural sobre o seu membro artificial.
  A pesar dos excelentes resultados, os médicos que tratan a este tipo de pacientes recoñecen que se trata dunha complexa cirurxía, que ademáis require tempo, paciencia e enerxía para aprender a utilizar a extremidade xa que o crecemento do nervio no músculo do peito pode tardar ata tres anos. Tampouco se pode obviar o elevado precio destes tratamentos. O brazo artificial de Garthwaite costou 60.000 libras, pero foi financiado polo Ministerio de Defensa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario