Powered By Blogger

jueves, 2 de enero de 2014

"SUPERBACTERIAS", UNHA AMEAZA PARA A SAÚDE

   Os antibióticos non matan virus e aínda que unha enquisa que acaba de difundir a Comisión Europea afirma que cada vez máis persoas interiorizan esta mensaxe, a realidade é que a resistencia a este tipo de fármacos continúa sendo unha das maiores ameazas que planea sobre a saúde mundial. O culpable, precisamente, é o uso innecesario e inadecuado destes fármacos. 
  Facendo un cultivo podería determinarse se se trata dunha infección vírica (onde un antibiótico non funciona) ou bacteriana ( que si precisa terapia antibiótica).
  Nos procesos víricos un antibiótico non só non é eficaz ( nin reduce o tempo nin a gravidade da infección) senón que causa un gran efecto na flora bacteriana que todos temos e necesitamos para o bo funcionamento do sistema inmunitario. 
  O uso innecesario destes fármacos fai que as bacterias desenrolen cada vez maior resistencia ós fármacos ata o punto de converterse nunha especie de "superbacterias" imbatibles. 
  En Europa as "superbacterias" xeneran unhas 25.000 mortes ó ano e uns costes sanitarios adicionais de 1.500 millóns de euros. Ademáis, estos microorganismos son as causantes dunhas 400.000 infeccións anuais. 

  
.As infeccións que producen son fundamentalmente respiratorias, xa que están máis asociadas ós pacientes que precisan de coidados intensivos. Tamén se atopan en infeccións urinarias e intraabdominais (persoas que sufriron cirurxías). Así como as que invaden o sangue, chamadas bacteriemias. 
 As superbacterias adquírense únicamente nos hospitais polo contacto entre os pacientes, ou entre estos e os membros do equipo sanitario ou os utensilios. Os máis propensos son aqueles que previamente xa recibiron un tratamento con antibióticos ou que teñen o sistema inmune debilitado porque están en terapias inmunosupresoras.

  
  Aínda que se conseguiu aumentar a conciencia pública ó respecto, aínda non é suficiente e así o demostran os últimos datos revelados polo ECDC (Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades):   Observouse un marcado aumento das infeccións resistentes á ultima xeración de antibióticos, os carbapenemas. As máis ferreas son as producidas por bacterias Gram negativas (Enterobacterias-Klebsiella pneumoniae e E. Coli-, Pseudomonas e Acinobacter), que tamén son as máis frecuentes. 
  Conscientes da gravidade do problema, tanto a Organización Mundial da Saúde como os países máis sacudidos por este problema global puxeron en marcha nos últimos anos importantes campañas de divulgación e concienciación co obxetivo de reducir o abuso dos antibióticos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario