CREAN UN MAPA CORPORAL DAS EMOCIÓNS
Un equipo de investigadores finlandeses creou o que probablemente sexa o primeiro mapa corporal das emocións humanas.
Os científicos, da Universidade de Aalto, comprobaron que cada emoción desperta reaccións en determinadas zonas do corpo e que esto sucede con persoas de culturas moi diferentes.
Polo tanto, conclúen os autores do traballo que publica a revista PNAS da Academia de Ciencias de Estados Unidos, este mapa físico emocional ten bases biolóxicas e é universal.
O corpo reacciona según uns mecanismos biolóxicos que nos preparan para responder ó entorno, xa sexa para defendernos ou para disfrutar da situación.

As emocións axustan non só a nosa saúde mental, senón tamén os nosos estados corporales, de esta forma prepárannos para reaccionar rápidamente ante os perigos, pero tamén ante calquera oportunidade que ofreza o entorno, como unha interacción social placenteira.
Para o seu estudio, os científicos realizaron cinco experimentos, nos que 701 persoas debían localizar en qué lugar sentían o efecto dunha serie de emocións básicas- como a ira, o medo, o asco, a felicidade, a tristeza ou a sorpresa- e outras máis complexas -como a ansiedade, o amor, a depresión, o desprezo, o orgullo, a vergoña e a envexa.
Os participantes debían colorear unha silueta humana nas zonas que se activaban máis ou menos mentras oían as palabras que designan cada unha destas emocións. O bermello usouse para marcas as áreas de maior actividade e o azul as de menos sensación.
Así observaron unha gran coincidencia, por riba do 70%, das zonas coloreadas.

Según se pode apreciar no mapa creado polos investigadores, as dúas emocións que causan unha reacción corporal máis intensa e en todo o corpo son o amor e a ledicia.
Tamén se pode ver que, en xeral, todas as emocións básicas activan sensacións na parte superior do corpo, onde están os órganos vitais, e especialmente na cabeza.
Ademáis da proba das palabras, tamén se fixeron outros catro experimentos con fotografías, imaxes, películas e relatos que buscaban transmitir ós suxeitos as emocións en cuestión.
E para asegurarse de que estos mapas físicos emocionais non dependían da cultura ou grupo lingüístico ó que pertenecían os participantes, repetíronse os exercicios con tres grupos diferentes: finlandeses, suecos e taiwaneses.
Os científicos observaron que os resultados seguían amosando coincidencias: a resposta física ás emocións, parece, é universal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario