Powered By Blogger

martes, 7 de enero de 2014

HIPERCONECTADOS

  En España hai máis móviles que persoas. Case 30 millóns de españois son internautas habituais. O 98% dos fogares teñen acceso á banda ancha. Entre tabletas e smartphones, existen máis de 40 millóns de usuarios. Casi o 90% dos internautas está nas redes sociais e unha porcentaxe similar de nenos acceden a internet. ¿Estarémonos pasando?

 Aínda que moitos estudos que relacionan o avance da tecnoloxía co desenrolo, a maioría deles refírense ó económico. Na Sociedade da Información somos ante todo consumidores: en ter teléfono, internet ou televisión de pago, os españois gastamos o ano pasado máis de 34.000 millóns de euros. Esa é a cifra que ingresaron as operadoras españolas, según a antiga Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT).  E esas cifras non inclúen o negocio da venta de móviles, de televisores conectados, de consolas, de apps,... que mercamos. 
 E ¿qué nos da a cambio? Un recente informe de Ericsson dicía que o aumento da velocidade de conexión a internet xeneraba preto de 2.000 euros extra de ingresos anuais nun fogar. Pero en España, a tecnoloxía non parece estar mitigando a crise. En canto ó ocio, está claro que cambiou, agora a maioría é dixital. Pero non por eso é millor, nen pior. Se nos fixamos na educación, a entrada en tromba das novas tecnoloxías nas aulas non millorou os resultados dos informes PISA.
 Pero a tecnoloxía si cambiou por completo as nosas vidas. Ó levantarnos, o primeiro que facemos é coller o móvil. 
Xa non lemos xornais de papel, informámonos en smartphones e tabletas camiño do traballo. Nel, espéranos un buzón cheo de correos electrónicos. Na comida, seguro que hai alguén que ten o teléfono sobre a mesa. Non é extraño recibir unha chamada de traballo cando xa fai rato que nos fomos da oficina. E se saímos a cear ou de copas seguro que, durante ou despois, acabámolo colgando en Facebook. Os nenos neutralizámolos ca consola e, a pesar do anuncio, moitos deles non saberían que facer cun pao.

  Eiquí van uns datos que recordan como a tecnoloxía nos ten rodeados:

    1- O 98% dos fogares teñen cobertura de banda ancha.
    2- Somos 30 millóns de internautas
    3- O 20% conéctase en movilidade
    4- Pasamos un día de cada sete conectados.
    5- Un de cada tres úsao no baño.
    6- O 41% dos xóvenes sempre está conectado.
    7- Hai máis liñas móviles que españois.
    8- Temos 18 millóns de usuarios de Facebook
    9- O 53% renunciou o pracer de "non facer nada" por internet.
  10- Case o 100% dos menores de trece anos usa o ordenador a diario. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario