Powered By Blogger

jueves, 23 de enero de 2014


CIENTÍFICOS ESPAÑOIS ESTUDIAN O 

ETNA

  O próximo verán do 2014, investigadores do Instituto Andaluz de Xeofísica da Universidade de Granada, liderados polo profesor Xesús Ibáñez, realizarán un experimento sísmico, pioneiro no mundo, co fin de determinar a estructura interna en alta resolución do volcán Etna (Italia), o máis activo de Europa e actualmente nun proceso de gran actividade eruptiva.
  Unha das grandes innovacións deste proxeto básase na integración e uso conxunto tanto de datos xeofísicos mariños e terrestres asociados á estructura interna do Volcán Etna e das Illas Eolias. Ademáis, os científicos implementarán unha nova instrumentación xeofísica e desenrolarán novos sistemas de rexistro e vixilancia de volcáns activos.

                   
  
  Para este fin, os investigadores inducirán de maneira artificial sinais sísmicas tanto no mar coma na terra. Estas sinais rexistraranse nunha rede sísmica moi densa, xamáis despregada ata o momento nesta rexión italiana. De maneira conxunta, analizaranse outros datos xeofísicos como o campo magnético e gravimétrico terrestre e procesos de deformación do ambiente volcánico asociados a movementos de magma.
  O principal obxetivo deste experimento é obter unha inversión conxunta de tódolos datos e coñecer a estructura tridimensional da Litosfera e Manto superior da rexión volcánica e facer progresos no coñecemento da dinámica magmática e eruptiva da rexión.
  As sinais sísmicas que se xerarán no mar, usando xeradores de aire comprimido (air guns) serán máis de 7.000, e para esto contarase co Buque Oceanográfico español "Sarmiento de Gamboa", que conta con toda a instrumentación necesaria para este obxetivo.
   Máis de 170 estacións
  En terra, realizaranse ó menos 15 explosións en sondeos profundos de máis de 100 metros con cargas explosivas de alta potencia. Todo esto rexistrarase nunha rede sísmica de máis de 170 estacións, o que suporá rexistrar na súa totalidade máis dun millón de sismogramas. Adicionalmente, ás sinais artificiais uniránselles os rexistros obtidos con terremotos naturais da rexión, agora especialmente activa. Esta combinación e volumen de datos, xunto co uso doutros datos xeofísicos, é un hito ata agora non realizado en ningún volcán do mundo.

                          

  O experimento ten ademáis unha orientación docente de alto nivel. Espérase integrar no grupo de traballo a unha serie de estudiantes de pregrado e postgrado, especialmente da UGR y doutros centros docentes italianos, que recibirán durante o experimento unha formación específica en temas de vixilancia de volcáns activos.
  Os resultados deste proxeto, aparte de xerar un gran volumen de productos científicos de moi alto impacto, beneficiarán a moitos sectores da sociedade como ás Axencias Europeas de Protección Civil, grupos de xestión de riscos naturais, organismos sanitarios, educativos de alto nivel e a un mellor coñecemento da sociedade do entorno onde habitan. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario