MEMORIA FOTOGRÁFICA
Na actualidade, durante a visita a un museo ou a un monumento, resulta habitual encontrar nativos e foráneos coa cámara dixital ou o teléfono intelixente na man para apuntar e disparar sobre algunha peza de arte ou obxeto histórico. A memoria do dispositivo retén a imaxe. Máis ¿permanecen os elementos retratados tamén na memoria do visitante?
Aínda que fotografiar parece unha boa maneira de preservar o momento no recordo, durante unha visita ó museo pode ser máis aconsellable deixar a fotografía para máis tarde, según unha recente investigación. «A miúdo a xente saca a súa cámara, case sen pensar, para capturar un momento, ata o punto de que estanse perdendo canto sucede xusto frente a eles», indica Linda Henkel, da Universidade de Fairfield e autora do estudio.
Co fin de averiguar o grado en que a captura fotográfica de eventos influe na súa recordación posterior, Henkel levou a un grupo de universitarios de visita a un museo. Pediu a uns cantos deles que utilizaran a cámara para tomar nota dos obxetos que vían; outros tan só debían contemplar as pezas expostas. Ó día seguinte púxose a proba a memoria dos voluntarios.

Nun segundo ensaio, aparte de confirmarse os primeiros resultados, atopouse que o uso do zoom da cámara para fotografiar os detalles dun obxeto, pode preservar na memoria a peza no seu conxunto, non a particularidade retratada. «Estos resultados demostran que o "ollo da mente" e o ollo da cámara non son o mesmo».
Con todo, a maioría dos visitantes de museos probablemente argumenten que toman imaxes para miralas con tranquilidade máis tarde. Agora ben, ¿axuda á recordación o feito de revisar as fotografías que se tomaron? O recente estudio suxire que así é, pero só se a persoa tomou no seu momento o tempo necesario para fixarse no obxeto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario