Powered By Blogger

jueves, 2 de enero de 2014

¿ CÓMO NACEN AS ESTRELAS ?

  As estrelas nacen por azar. Xúntanse fragmentos de materia das nubes frías de gas e polvo que flotan no espacio, as chamadas nebulosas. Estas partículas vanse agregando por atracción gravitatoria ata formar unha gran masa. 
  Este conglomerado, por efecto da gravidade, contráese sobre si mesmo e como consecuencia aumenta no seu centro, a densidade, presión e calor. Desta forma, os átomos móvense cada vez máis rápido e chocan uns con outros. Nesas condicións, pronto se inician reaccións de fusión nuclear. Cando comenzan naceu a estrela. 

  As agrupacións de masa que non logran iniciar as reaccións nucleares, é dicir, as estrelas frustradas, denomínanse enanas marróns. 
  As reaccións nucleares liberan presión do centro da estrela, contrarrestan o efecto da gravidade, o que evita que a estrela colapse sobre si mesma.
  A estrela vivirá gracias a ese tenso equilibrio entre gravidade e reaccións nucleares. Morrerá cando a gravidade gañe a batalla, algo que sucederá sen excepción. 
  As estrelas evolucionan a medida que van agotando a súa masa, que é o combustible das reaccións nucleares. Canta máis masa ten unha estrela, máis combustible ten para alimentar o seu "motor" e brilla máis, pero vive menos tempo. 

  Cando se agota o combustible do seu centro, a estrela volve a contraerse e aumenta de novo a súa temperatura, o que favorece a aparición de novas reaccións nucleares. Esta vez prodúcense na seguinte capa de masa arredor da central, que xa está gastada e contraéndose. Esta capa circundante expándese e así a estrela faise máis grande. 
  O aumento de volumen é o responsable do cambio de cor das estrelas. Canto máis grande, máis se enfrían as capas externas e emiten luz visible nunha cor determinada. As estrelas máis frías son roxas (cuns 2.800ªC), as amarelas rondan os 5.500ºC, as máis quentes son azuis (aproximadamente 20.000ºC) e as verdosas (100.000ºC).
  A maioría das estrelas morren como enanas brancas, excepto as estrelas supermasivas, que son de cor azul. Elas teñen un final apoteósico. O seu final consiste nunha explosión de brillo excecional chamada supernova. Desprenden nuns poucos segundos tanta enerxía como a que emitiu e emitirá o noso Sol en toda a súa existencia. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario