COMENZA A CONTRA ATRÁS PARA A CHEGADA A PLUTÓN
A nave espacial máis rápida xamáis lanzada ó espacio, a New Horizons da NASA, aproxímase sen pausa cara o seu destino, Plutón. Os expertos e o equipo da misión da axencia espacial estadounidense comenzou a conta atrás para a chegada da sonda ó planeta anano, preparada para dentro de 11 meses.
A New Horizons foi lanzada no 2006 e desde entón atravesa o Sistema Solar a máis dun millón e medio de kilómetros ó día. A intención do equipo é que o primeiro acercamento se produza en xaneiro do 2015, para que a nave realice unha campaña fotográfica intensiva, gracias ó seu procesador de imaxes de Recoñecemento de Largo Alcance (Lorri). Esto axudará ós controladores da misión a determinar a ubicación de Plutón, que é incerto por uns poucos miles de kilómetros.
As comprobacións realizaránse para cumprir perfectamente co acontecemento máis esperado, que terá lugar en xullo do 2015, cando a sonda se acerque a só 10.000 kilómetros do planeta anano.

De feito, Stern comparou este proxeto coa misión de Mariner 4, que sobrevoou Marte en xullo de 1965. "Nese momento, moitas persoas na Terra, incluso algúns científicos, pensaron que o planeta vermello era un mundo relativamente suave, con auga e vexetación que axudaba á formación da vida. En cambio, o Mariner 4 revelou unha superficie reseca de inquietante beleza", apuntou.
En canto ó que a NASA espera desta nave, o investigador apuntou que "hai unha posibilidade real de que New Horizons descubra novas lúas e aneis". "Estamos voando cara o descoñecido e non se sabe o que nos imos encontrar", concluíu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario