VIDA NA TERRA PROFUNDA
En profundos buracos practicados en puntos da superficie terrestre moi alonxados entre sí os científicos están atopando os mesmos habitantes - bacterias e arqueas- moi similares. O parecer estos microbios forman unha poboación paralela a tódalas coñecidas, a biosfera subterránea. Os achados débense a unha búsqueda sistemática de ecosistemas microbianos subterráneos, que se encuadra no Observatorio do Carbono Profundo (DCO), un megaprograma de investigación internacional que cumpriu xa o seu cuarto ano de operación.

O equipo de Matthew Schrenk, xeomicrobiólogo da Universidade Estatal de Michigan (EEUU), estudiou e secuenciou xenéticamente mostras de microbios que se alimentan de hidróxeno procedentes de América do Norte, Europa, Suráfrica e Xapón. Atoparon unha similitude entre eles dun 97%. Outros equipos están a facer o mesmo noutros lugares.

A auga cos microbios extráxose a profundidades de ata cinco kilómetros, pero non se sabe ata cantos kilómetros cara abaixo se pode extender este tipo de vida.
A vida nestas condicións extremas é independiente da fotosíntese e básase en procesos chamados bioxeoquímicos. Un é a serpentización: cando a auga se atopa co mineral olivina a gran presión, a roca reacciona cos átomos de osíxeno da auga e convértese en serpentina, liberando hidróxeno, do que se alimentan os microbios. En experimentos a microescala realizados recentemente en Lion (Francia) demostrouse que o aluminio aumenta a rapidez co que se produce hidróxeno, mediante esta reacción, e explica que o faga en cantidades suficientes para soportar a vida profunda.
Outro microbios aliméntanse doutros minerais, como os de ferro, que reaccionan ca auga do mar para producir igualmente hidróxeno.
O saber como se comporta a auga no manto terrestre é algo que interesa moito ós investigadores destes temas. Un novo modelo permite avanzar no coñecemento das interaccións entre a auga e as rocas en condicións extremas de presión e ata 150 kilómetros de profundidade. Ata agora os modelos chegaban ata os 15 kilómetros soamente.
O traballo de Dimitri Sverjensky, que presenta un novo método para predecir a constante dieléctrica da auga a altas temperaturas e presións, permite atisbar procesos como a formación de diamantes, a acumulación de hidróxeno, o transporte de compostos químicos polo manto, a liberación de gases ou a formación da atmósfera terrestre na súa orixe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario