Powered By Blogger

sábado, 18 de enero de 2014

A ERA DOS CYBORGS XA COMENZOU

  Implantes médicos, complexas relacións cerebro-máquina, insectos robóticos por control remoto, androides... A fronteira entre os seres vivos e os creados pola tecnoloxía faise cada vez máis difusa. Avances recentes permiten, cada vez máis, combinar máquinas e organismos vivintes dunha forma cada vez máis eficaz, dando lugar a toda unha nova industria que ten, según os expertos, un enorme potencial... aínda que non está exenta de riscos e de serias preocupacións éticas. 
                       
  A ciencia ficción, o cine e a literatura levan décadas amosándonos organismos modificados que fan alarde de poderes extraordinarios. O término "cyborg" procede, en inglés, da unión e posterior contracción das palabras "cybernetic organism". Pero os cyborg, nos que se combinan tecnoloxía e bioloxía, deixaron de ser unha fantasía para entrar de cheo no mundo real. 
  Nos últimos anos, por exemplo, os implantes médicos basados en materiais intelixentes que reaccionan automáticamente ós cambios físicos convertíronse nunha realidade. Igual que os tecidos artificiais, deseñados por ordenador a partir de datos obtidos por resonancias magnéticas das superficies orgánicas nas que deben "encaixar" sen provocar rexeite.
  A microelectrónica e a tecnoloxía de semiconductores tamén avanzou, permitindo o desenrolo de toda unha nube de implantes electrónicos capaces de controlar, restaurar ou mellorar as funcións naturais do corpo humano. Bos exemplos son os marcapasos, as retinas artificiais, os implantes auditivos ou os que, insertados no cerebro, serven para estimular ós pacientes de Parkinson. 

                  
  
  Na actualidade, o desenrolo da bioelectrónica estase combinando coa robótica para dar lugar a sofisticadas "neuropróteses". Os científicos tamén traballan na creación de "interfaces home-máquina" (chamados BMI ) que poden implantarse directamente no cerebro e controlar desde alí, por exemplo, os movementos dun robot externo. E aínda máis, esa mesma tecnoloxía está resultando decisiva na creación de ferramentas neurocientíficas que facilitan a comprensión do modo en que o noso cerebro funciona. 
  Hai tamén BMI que non se limitan a emitir impulsos eléctricos para cumprir a súa función, senón que liberan directamente no interior do cerebro determinadas sustancias que poden utilizarse para a comunicación entre dispositivos electrónicos e organismos vivos. E permitir, á inversa dos exemplos anteriores, controlar un organismo "desde fóra".
  Dunha forma ata agora maioritaria, os BMI considéranse uns excelentes proveedores de datos.   Nembargantes, estes implantes tamén poden usarse para alimentar determinadas sinais cerebrais ou inhibir outras, provocando respostas físicas concretas. O cal pode ser algo moi controvertido desde o punto de vista ético.

                          

 Por agora, este tipo de tecnoloxía limítase, nos seres humanos, a estimulacións moi concretas e de carácter local. O noso corpo é demasiado complexo como para ser controlado por enteiro (polo menos ata agora) por esta clase de dispositivos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario