Powered By Blogger

sábado, 18 de enero de 2014

CÓMO SER FILÓSOFO (E PARECELO)

   Consellos sobre qué vestir:
 Os filósofos rara vez se interesan pola roupa, e, nembargantes, si hai eleccións que resultarían sorprendentes nun espíritu filosófico. O ser unha profesión básicamente antiautoritaria, dada a predilección dos rexímenes autoritarios polos uniformes, sería raro que estiveras tentado a porte un deles. Se é así, igual deberías reconsiderar os teus credenciais filosóficos.

                          
  Qué comer:
 De todo, como a maioría. Pero si existe una forte tendencia, ó menos na filosofía anglosaxona contemporánea, cara o vexetarianismo. A culpa é de Peter Singer que convenceu a moitos colegas de que comer carne é reprobable moralmente.
  Qué beber:
 O que queiras, pero para ser honestos, hai unha forte aposta entre os filósofos polo viño tinto e o café. Quizáis sexa certo que o que se anima por medio de ambos líquidos apréstase a revelar a súa verdadeira natureza.
  Qué ler:
 Moito e moita filosofía. En filosofía, a práctica inclúe interactuar coas mentes máis lúcidas e a mellor forma de facelo, en ocasións, a única, é ler. Ás veces o que precisas está enterrado nun volumen infumable, de modo que terás que apretar os dentes e continuar.

  Qué pensar: 
 Todas as ciencias naturais e sociais son un terreo aboado á filosofía, e o mesmo fan as artes, a literatura, a política, a historia e a actualidade. A miúdo sorprende o que un bo filósofo é capaz de facer cun tema do que todavía non se ocupara a tradición filosófica. De mentiras e sandeces non se ocuparon nen Platón, nen Mill nen Nietzsche e nembargantes, a historia da filosofía é a historia da loita contra a tontería. Sócrates que tiña bo ollo para detectar ós profesionais da honradez, deixaba en evidencia a moitos estúpidos que se crían autoridades. E só aceptou o veredicto do Oráculo de Delfos, que o nomeaba o home máis sabio só ó darse conta de que a súa sabiduría consistía en coñecer a profundidade da súa ignorancia.

                              
  De qué falar: 
 Falar de filosofía con amigos e enemigos é unha fórmula para manterse mozo. O xogo dos argumentos é esencial na filosofía. Un intercambio vigoroso de ideas, sexa por escrito ou oralmente, é básico á hora de acercarse á verdade. Coa filosofía podes defender a posición que queiras, a máis aparentemente peregrina, si eres capaz de atopar un bo argumento.
  Vive e morre: 
 A filosofía non tería nengún sentido se non nos ensinara a vivir sen traicionar os nosos valores e a morrer sen medo. Dióxenes, Sócrates ou Voltaire foron fieis a si mesmos de forma espectacular. Recórdese a Dióxenes tumbado prácidamente ó sol mentres o gran Alexandro Magno lle preguntaba se había algo que poidera facer por el... "Apártate. Quítasme o sol", foi a gloriosa contestación do cínico. E a morte de Sócrates, bebendo pausadamente o veneno (cicuta) tras unha charla filosófica.

                        
         

No hay comentarios:

Publicar un comentario