Powered By Blogger

sábado, 4 de enero de 2014

O SEGREDO DA ADICCIÓN A NICOTINA

   O tabaco é a principal causa de morte prevenible no mundo, nembargantes, moitas persoas desexosas de deixar de fumar son incapaces. A nicotina parece ser a principal responsable destes fracasos, debido especialmente ós seus potentes mecanismos de adicción. Pero agora, gracias a un traballo que se publica en "The Journal of General Physiology" poderíamos saber máis sobre estos mecanismos adictivos da nicotina como para poder deseñar tratamentos máis eficaces para terminar co hábito de fumar. 
  Sábese que a nicotina, o ingrediente activo do tabaco, activa os receptores coñecidos como nAChR e , a diferencia da maioría doutras drogas de abuso, a nicotina actúa como unha "chaperona farmacolóxica" que estabiliza o ensamblaxe destes receptores dentro do retículo endoplasmático (ER) e aumenta así a súa presencia na superficie da célula producindo unha sobre-regulación. E sábese que dita sobre-regulación de nAChR desempeña un papel importante na adicción á nicotina e, posiblemente, na disminución da susceptibilidade dos fumadores á enfermidade de Parkinson. 
  Os autores deste traballo, do Instituto de Tecnoloxía de California de Pasadena (EEUU). traballaron con ratóns que expresan unha subunidade do receptor a6, que se sabe que é abundante en varias rexións específicas do cerebro, e que previamente foran marcados cunha proteína fluorescente. O obxetivo era mostrar que a exposición á nicotina -nun nivel comparable ó dos fumadores humanos- sobreregulaba a6 nAChR nestas áreas do cerebro. 
  Pero os investigadores descubriron de forma inesperada que a capacidade da nicotina para sobre-regular a6 nAChR basábase nun complexo mecanismo celular que pode ser manipulado co fin de deseñar novas estratexias para deixar de fumar, pero tamén tratamentos neuroprotectores para enfermidades como o párkinson. 

                      
  
Os efectos psicofarmacolóxicos da nicotina están na base da xeración da adicción. A nicotina é o principal compoñente psicoactivo do tabaco que xoga un papel importante no desenrolo da dependencia. Tras o cese do consumo de nicotina aparece un síndrome de abstinencia, mostrando un conxunto de síntomas tales como irritabilidade, temblores, bradicardia e ansiedade elevada. 
  Na actualidade, o tratamento máis utilizado para deixar de fumar é a terapia de remplazo de nicotina que atenúa parcialmente os síntomas de abstinencia e as ansias de nicotina. 
                                           

No hay comentarios:

Publicar un comentario