Powered By Blogger

sábado, 1 de febrero de 2014

IDENTIFICAN A ÁREA DO CEREBRO QUE NOS FAI HUMANOS

   Ao parecer diferenciámonos dos chimpancés nunha porcentaxe moi pequena do noxo xenoma. Aínda que parece que esas diferencias aumentan se se bota unha ollada máis detida e poderían ser incluso dez veces maiores do que se creía nun principio. En calquera caso, o que nos diferencia deberá estar no cerebro. E dentro deste, na corteza, a parte máis evolucionada do cerebro.
  Nesta dirección van os achados dun estudios da Universidade de Oxford publicado na revista Neuron que comparou mediante imaxes de resonancia magnética en 25 monos macaco e 25 humanos doce áreas a corteza frontal ventrolateral. Esta zona do cerebro só está presente nos humanos e outros primates e relacionouse tamén con procesos considerados típicamente humanos como a linguaxe, a flexibilidade cognitiva -que nos permite adaptarnos a un entorno cambiante-, e a toma de decisións. 

               

   Para sorpresa dos investigadores, once desas áreas eran moi parecidas en ambas especies, cunha sorprendente similitude na organización das rexións do cerebro que controlan a linguaxe e os procesos de pensamento complexos nos seres humanos e os monos. 
  Estas coincidencias, suxiren, según os autores, que algúns rasgos cognitivos exclusivamente humanos poden depender dunha estructura neural conservada evolutivamente que inicialmente servía para outras funcións.    Esto está na liña do observado ampliamente na natureza: a adaptación de estructuras xa existentes e que funcionan ben fronte á creación doutras novas da nada. 
  Os investigadores tamén observaron algunhas diferencias clave entre os monos e os seres humanos. Estas discrepancias estaban precisamente en cómo as diferentes zonas da corteza frontal ventrolateral se conectan, e por tanto interactúan, coas áreas do cerebro involucradas coa audición. Nos humanos a corteza prefrontal estaba mellor conectada coas áreas auditivas e os investigadores suxiren que esto pode ser crucial para a nosa capacidade de entendere e xerar a linguaxe. Ademáis, podería explicar tamén porqué os monos son pouco hábiles en algunhas tarefas auditivas e podería suxerir que os humanos usamos a información auditiva dunha maneira diferente ós monos. 
  Curiosamente, algunhas destas rexións que se viu que son similares nos seres humanos e os monos créese que xogan un papel importante nos trastornos psiquiátricos como a hiperactividade con déficit de atención, o trastorno obsesivo-compulsivo e o abuso de sustancias. 
  Outra sorpresa: Só unha das doce rexións comparadas parece ser exclusivamente humana, sen equivalente no cerebro dos macacos:  o polo frontal lateral. Esta área ten que ver coa planificación estratéxica, a toma de decisións, e a capacidade de multitarea, na que se supón que os humanos somos especialmente hábiles. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario