Powered By Blogger

domingo, 9 de febrero de 2014

AS MELLORES IMAXES CIENTÍFICAS DO 
ANO, SEGÚN SCIENCE
  A revista Science e a Fundación Nacional de Ciencia de EE.UU. (NSF) patrocinan cada ano un concurso chamado Desafío de Visualización,que premia os traballos gráficos que mellor conseguiron comunicar e promover a ciencia. Nesta última edición, o gañador  no apartado de vídeos é unha fantástica animación da NASA chamada «Dynamic Earth», que combina complexos modelos de computacións con imaxes en 3D para describir o efecto da enerxía do Sol no vento e as correntes oceánicas da Terra. A versión completa da película, en alta resolución e narrada por Liam Neeson, está sendo exhibida en máis de 60 planetarios de todo o mundo e ten unha audiencia estimada de 500.000 persoas.

  Os xuíces escolleron entre máis de 200 procedentes de doce países, polo seu impacto visual, a súa mensaxe e a súa orixinalidade. Entre os gañadores, destaca tamén unha infografía chamada «Wearable Power», que describe a roupa que ten fontes de alimentación integradas no tecido, un invento que pode ser útil na industria médica, a militar ou a roupa deportiva.
Las mejores imágenes científicas del año, según Science
«Wearable Power»
DREXEL UNIVERSITY
  Outro dos premiados é un xogo de neurociencia chamado «EyeWire: A Game to Map the Brain», que permite aos xogadores mapear a estructura das neuronas do cerebro en 3D, e unha fotografía que mostra a beleza dos fluxos a microescala producidos polos corais formadores de arrecifes, a misma imaxe que serviu de portada ao último exemplar da revista Science.


No hay comentarios:

Publicar un comentario