Powered By Blogger

sábado, 1 de febrero de 2014


SUPERCOMPUTADORAS

  As supercomputadoras, esas máquinas colosais en tamaño e en potencia, capaces de lograr en horas resultados que de outro modo esixirían décadas de traballo ou que incluso serían imposibles, posúen un halo popular de misterio e inaccesibilidade alimentado polo cine e a literatura de ciencia-ficción, pero a labor que realizan ten hoxe en día consecuencias en innumerables ámbitos da nosa vida cotiá. 

                   
              

 Na guerra da humanidade contra as enfermidades máis letais, as supercomputadoras lograron avances decisivos na localización de puntos débiles en microbios, a búsqueda de fórmulas químicas para novos medicamentos,a análise biofísica das forzas que gobernan os movementos dos glóbulos vermellos do sangue, e ata o estudo da  rede neuronal do cerebro.

  Detrás de moitos progresos recentes en química, mecánica, electrónica, aeronáutica, e enxeñería en xeral, tamén hai supercomputadoras. Noutros campos, a súa labor perfílase de igual modo como unha vía prometedora de avance.

                            

  Impulsar a supercomputación é por tanto unha necesidad imperiosa. E non só a fin de salvar vidas humanas cando se traballa a contrarreloxo para atopar cura a enfermidades mortais, senón tamén polos beneficios derivados de idear productos e métodos de fabricación máis competitivos; invertir hoxe en supercomputación pode conducir mañá a ganancias económicas varias veces superiores á cantidade invertida.

  En España, onde non faltaron persoeiros históricos relevantes no campo da computación, como por exemplo Leonardo Torres Quevedo, un pioneiro que fixo aportacións destacadas a este campo entre fins do século XIX e principios do XX, véñense dedicando esforzos meritorios á supercomputación. Unha mostra desto é todo o conseguido polo proxecto Consolider Ingenio 2010 "Supercomputación e eCiencia" (SyeC). Un espectacular video, acerca dalgúns dos proxectos científicos enmarcados en SyeC, e tamén ilustrando o moito que pode darlle a supercomputación á humanidade. Neste vídeo, descríbense diferentes proxectos de investigación de varias áreas científicas nas que a supercomputación é unha ferramenta clave. Simulacións que nos permiten ver a ciencia como non a viramos ata agora, xunto coas explicacións dos principais investigadores involucrados nos proxectos, son o eixe central deste audiovisual, que mostra de forma amena e fascinante o impacto da supercomputación na ciencia e na nosa vida cotiá.




No hay comentarios:

Publicar un comentario