Powered By Blogger

miércoles, 19 de febrero de 2014

A INTELIXENCIA, ESTÁ NOS XENES ???

   Investigadores do Instituto de Psiquiatría do King´s College de Londres identificaron por primeira vez un xene que aparece intimamente ligado á intelixencia. 
                                      


 Trátase do xene NPTN, que afecta indirectamente á comunicación entre as células cerebrais a través da codificación dunha proteína que actúa no proceso e que tamén pode controlar a formación da corteza cerebral, a capa máis externa do cerebro humano, coñecida como "materia gris" e cuxo espesor está relacionado coa capacidade intelectual. 

  
  


  O estudio, que analizou mostras de ADN, resonancias magnéticas e test de intelixencia de 1.583 mozos sans de 14 anos, mostrou que os adolescentes cuxo xene NPTN amosaba un alto rendemento tiveron un mellor desempeño nas probas de intelixencia. 
  É importante sinalar que a intelixencia vese influenciada por moitos factores xenéticos e ambientais, nembargantes o xene identificado explica unha pequena proporción das diferencias na capacidade intelectual. 
  En promedio, as probas do estudio reflectiron que os adolescentes cunha variante xenética particular, que afecta negativamente á expresión do xene NPTN e a súa actividade sobre a comunicación neuronal, tiñan unha corteza máis delgada no hemisferio cerebral esquerdo, sobre todo nos lóbulos frontais e temporais, e peores resultado nas probas de capacidade intelectual. 
    Buscaban saber cómo as diferencias estructurais no cerebro se relacionan con diferencias na capacidade intelectual, nembargantes, e por agora, a variación xenética identificada neste estudio só representa o 0,5 % da variación total da intelixencia. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario