Powered By Blogger

miércoles, 5 de marzo de 2014

O TEU OLOR DELÁTATE

   Investigadores españois deseñaron unha técnica que permite identificar a unha persoa polo seu olor. Aínda que non ten a fiabilidade doutros sistemas biométricos, como a pegada dactilar, iguala en eficacia ao recoñecemento facial. Este mesmo equipo científico estudia os nosos aromas para detectar a presencia dun cancro.
  Os cans policías levan décadas demostrando na práctica que cada ser humano ten o seu propio e diferente olor. E a ciencia leva anos estudiando cómo imitar aos cans. A tarea non é fácil, porque no aroma dos humanos interveñen moitos factores e poden variar ao longo do tempo. 
  Nembargantes, parece haber coincidencia entre os científicos en que o olor humano está formado en realidade por tres olores. O primeiro e principal sería constante e podería ter unha orixe xenética. Outro secundario, relativamente estable, é o resultado dun conxunto de factores entre os que destacan a dieta e os estados emocionais. Por último, o terciario, é o olor social, o creado polos perfumes, xabóns e cosméticos.

  
  Agora, os investigadores do grupo de investigación de Biometría, Biosinais e Seguridade (GB2S), da Universidade Politécnica de Madrid deseñaron unha técnica para capturar este olor, analizalo e buscalos patróns que permitirían identificar a unha persoa. 
  As portadoras de toda esa información olorosa son as células da pel. E temos unhas cantas, uns 2.000 millóns e perdemos 667 por segundo. Estas células portan boa parte das nosas secrecións corporais e moitas bacterias que se alimentan delas, este é o cóctel que define o aroma de cada humano.
  Os investigadores do GB2S usaron un sensor desenrolado pola empresa Ilía Sistemas para capturar o olor das células presentes na suor da man. Mediante un fluxo de aire, o dispositivo recolle os volátiles da suor por medio dun colector de vapores e fainos pasar por un ionizador. Nunha última fase, un espectómetro de masas captura os ións das distintas moléculas e analízaos. Buscaban así detectar constantes que permitiran diferenciar o olor dunha persoa de o de outra. 
  Para as súas probas, contaron coa participación de 13 persoas ás que tomaron mostras durante 28 sesións, detectaron así uns patróns que se repetían.
  Pero aínda lles falta para poder competir con sistemas como a pegada dactilar ou o recoñecemento do iris, que apenas ten marxe de error, pero xa iguala a outras técnicas como o recoñecemento facial. 

                         
  
  
  Con esta mesma base. o GB2S está analizando as posibilidades do olor como ferramenta de diagnóstico. Buscan marcadores de cáncer de colon analizando o alento ou de volátiles no sangue para detectar a leucemia. En ambos casos, o olor pode convertirse nun elemento de detección precoz. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario