Powered By Blogger

domingo, 9 de marzo de 2014

A BÓVEDA DA FIN DO MUNDO

   Ben podería ser o escondite do maior tesouro imaxinado en calquera relato épico ou de ficción. Pero a Svalbard  Global Seed Vault dista moito de ser unha mera ficción. É real, tan real como para almacenar nada menos que o que podería ser a salvación da raza humana nun futuro non moi lonxano. 

                 
   
   A só 1.000 kilómetros do Polo Norte, no xeado e inhóspito arquipélago de Svalbard, pertencente a Noruega, atópase a Bóveda Global de Semillas de Svalbard encargada de almacear sementes de todas as variedades de cultivos que hoxe garanten a alimentación no planeta. A construcción financiada polo goberno de Noruega xamais houbera sido posible sen o apoio da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). 
   Na actualidade , alberga 820.000 variedades de sementes que proveñen de 231 países. As últimas 20.000 foron incorporadas esta semana, no sexto aniversario da instalación, facilitadas por 6 estados ou bancos de xens que gardan especies vexetais para protexelas da extinción. Australia, Brasil e Xapón foron os últimos en incorporarse. Brasil entregou a súa famosa faba negra, e o país nipón, preocupado pola seguridade dos seus cultivos despois do terremoto e tsunami de 2.011, cebada. Non existe unha aportación de bancos de xens españois, pero sí hai 4.701 mostras de sementes dos nosos campos. 

                        
   
   O silo, mantido polo goberno noruego e o Global Crop Diversity Trust, un grupo que recibe financiación de varios países, entre eles España, según pode consultarse na súa web, e de diferentes entidades privadas, como a Fundación Bill & Melinda Gates ou a Rockefeller, conserva o seu tesouro natural a menos de 18 grados en paquetes precintados que a súa vez se colocan en caixas de aluminio. A baixa temperatura e o limitado acceso ao osíxeno aseguran que os grans manteñan unha actividade metabólica baixa e retrasa o seu envellecemento. Se se producise un corte da corriente eléctrica, o permafrost, a capa de xeo permanente sobre o chan do exterior, aseguraría a súa viabilidade. Desta forma, según a organización, a conservación das sementes está garantida incluso durante séculos. 
   A cámara está preparada para soportar todo tipo de catástrofes, como terremotos, explosións nucleares ou erupcións volcánicas. En conxunto, é o suficientemente grande como para gardar ata 4,5 millón de mostras. Cada unha delas contén unha media de 500 sementes individuais, así que esta instalación podería almacear no futuro máis de 2.000 millóns de grans. 

  
   Hai que salientar que a propiedade do material permanece no banco de xens ou o país que o depositou. Está regulado por un documento legal entre os donos lexítimos e Noruega. Ninguén máis pode sacar as sementes. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario