Powered By Blogger

miércoles, 26 de marzo de 2014

DETECTADAS AS 
ONDAS GRAVITACIONAIS PRIMORDIAIS

  As "ondas gravitacionais primordiais" que se xeraron tras a creación do Universo co Big Bang foron detectadas por primeira vez. É a confirmación máis importante das teorías da inflación cósmica, que explica que, en certo momento, o cosmos se expandía multiplicando o seu tamaño por 100 billóns de billóns de veces en menos dun abrir e pechar de ollos. 
  É dicir, trátase da proba do estalido cósmico inicial do Big Bang. Un descubrimento digno de recibir un Premio Nobel, según os expertos, e que foi anunciado polo Centro Harvard-Smithsonian para a Astrofísica de Massachusetts (EEUU) e publicado en Nature. 

  
  O Universo actual xurdiu tras un evento coñecido como o Big Bang, que tivo lugar fai 13.800 millóns de anos. Momentos máis tarde o propio espacio comezou a expandirse de maneira exponencial nun episodio coñecido como inflación. Os signos reveladores deste capítulo na historia temperá do Universo están impresos no ceo, nun resplandor "reliquia" chamado o fondo cósmico de microondas. 
  O equipo dirixido por John Kovac logrou percibir por primeira vez mediante o telescopio BICEP2 instalado no Polo Sur, nun pequeno retazo de ceo, esas ondas gravitacionais. 
  O achado destas pequenas ondulacións de enerxía, que serían imperceptibles para o ollo humano, demostraría a teoría do período inflacionario forxada en 1980 polo físico teórico Alan Guth, do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. 

  
 As ondas gravitatorias, predecidas por Albert Einstein coa teoría da relatividade para explicar a gravidade, pero de cuxa existencia non se tiñan probas, foron descubertas polo telescopio BICEP, este telescopio estudia a radiación cósmica de fondo (CMB), os ecos que aínda nos chegan do Big Bang e que os astrónomos creen que oculta unha "segunda marca", que revelaría a existencia de esas ondas gravitatorias.


  Según Nature, o BICEP2 capturou unha instantánea destas minúsculas ondulacións no tecido do espacio-tempo producidas polo Big Bang na CMB, durante a súa propagación polo Universo fai 380.000 anos. 
  O feito de que o periodo inflacionario, un fenómeno cuántico, producira ondas gravitatorias " demostra que a gravidade ten unha natureza cuántica ao igual que outras forzas fundamentais coñecidas da natureza" sinala a publicación.
  Cosmólogos, físicos e astrofísicos celebraron esta detección, ata o punto de que algúns deles o consideran o "descubrimento do século XXI". É o máximo acercamento nunca realizado en tempo cero, cando o Cosmos tiña o tamaño dunha pelota de tenis. Pero as implicacións deste achado non quedan aí, algúns teóricos creen que pode ser a porta ao multiverso, é dicir, a posibilidade de que o noso Universo non sexa o único que existe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario