Powered By Blogger

domingo, 16 de marzo de 2014

 PENTÁGONO FINANCIA O PRIMEIRO CAMUFLAXE QUE OCULTA OBXECTOS DO SON
   
   Con financiación do Pentágono, enxeñeiros da Universidade de Duke, fabricaron a primeira capa acústica de invisibilidade tridimensional do mundo. O novo dispositivo desvía as ondas de son para crear a impresión de que tanto o manto e o que hai debaixo non están alí.
  O dispositivo de camuflaxe acústico funciona nas tres dimensións, non importa en qué dirección ven o son, nin onde se atopa o observador, e ten potencial para futuras aplicacións, como evitar o sónar e a acústica arquitectónica. O estudio aparece en Nature Materials.

              

  Para lograr este novo truco, Steven Cummer, profesor de Enxeñería Eléctrica e Informática na Universidade de Duke e os seus colegas centráronse no desenrolo de metamateriais: a combinación de materiais naturais en patróns de repetición para lograr propiedades non naturais. 
  No caso da nova capa acústica, os materiais que manipulan o comportamento das ondas sonoras son simplemente plástico e aire. Unha vez construído, o dispositivo parécese a varias placas de plástico cun patrón de repetición de ocos que asoman a través deles apilados un por riba do outro para formar unha especie de pirámide. 
  Para dar a impresión de que non está alí, o manto debe alterar a traxectoria das ondas sónicas para que coincida co que se vería coma se se houberan reflectido nunha superficie plana. Debido a que o son non está chegando a superficie que hai debaixo, desplázase a unha distancia máis curta e a súa velocidade debe ser freada para compensar. 
  Para probar o dispositivo de camuflaxe, os investigadores cubriron unha pequena esfera coa capa e sometérona a un son metálico con ráfagas curtas de son desde varios ángulos. Usando un micrófono, analizaron cómo as ondas respondían e produxeron imaxes de cómo se movían polo aire.
  Cummer e o seu equipo compararon estas imaxes ás creadas tanto cunha superficie plana sen obstáculos e cunha esfera non oculta bloqueando o seu camiño. Os resultados mostran claramente que o dispositivo de camuflaxe fai que pareza coma se as ondas sonoras fosen reflectidas por unha superficie vacía.
Este experto cree que a técnica ten varias aplicacións comerciais potenciais, como o deseño de auditorios con control ou corrección acústico. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario