Powered By Blogger

miércoles, 19 de marzo de 2014

UNHA CÉLULA FOTOVOLTAICA QUE TRANSFORMA A RADIACIÓN EN ELECTRICIDADE

   Un equipo de investigadores liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) creou unha célula fotovoltaica de silicio capaz de transformar en electricidade a radiación infravermella. O traballo aparece publicado esta semana na revista Nature Communications. 
  O Sol é unha fonte inagotable de enerxía que podería solucionar moitos dos problemas enerxéticos actuais. 

  O dispositivo capaz de realizar a conversión de luz solar en electricidade é a célula fotovoltaica, comunmente coñecida como célula solar. Nembargantes, existen diversos obstáculos que impiden unha maior xeneralización do seu uso, entre eles un coste relativamente alto (do orde de 20 céntimos de euro por vatio producido) e unha eficiencia baixa, por debaixo do 17%. É dicir, de cada vatio que recibimos do sol, só aproveitamos unha pequena parte, según informa o CSIC nun comunicado.
  O motivo da baixa eficiencia das células fotovoltaicas radica en que os materiais básicos para a súa fabricación, como o silicio, só poden absorver e aproveitar unha pequena parte do espectro solar. O resto da radiación solar, que corresponde á zona infravermella, non é aproveitada e pérdese. 
  Despois de tres anos de traballo, desenrolaron un novo concepto de célula solar de silicio capaz tamén de captar e transformar en electricidade a radiación infravermella do Sol. 
 

  Crearon células fotovoltaicas sobre microcavidades esféricas de silicio onde a luz infravermella queda atrapada e da voltas no seu interior ata que é transformada en electricidade. 
  Neste traballo no que tamén participaron outros grupos do CSIC, a Universitat Politécnica de Valencia, a Universitat politéctina de Cataluña e a Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, supón un novo enfoque científico para poder desenrolar no futuro células fotovoltaicas de alto rendemento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario