Powered By Blogger

sábado, 29 de marzo de 2014



O PRIMEIRO CROMOSOMA SINTÉTICO

   Un equipo internacional de científicos creou  un cromosoma de levadura modificada completamente artificial, o que supón a primeira vez que se logra producir  ADN sintético nunha célula complexa como a que teñen as plantas, os animais e o ser humano, un avance de gran trascendencia que podería conducir a novas cepas do organismo para axudar a producir productos químicos industriais, medicamentos e biocombustibles.
  "É o cromosoma máis profundamente alterado que se construiu nunca", declarou Jef D. Boeke, investigador do Centro Médico Langone da Universidade de Nueva York e director do proxecto.
  A gran novidade é que mentras outros traballos sintetizaron bacterias, ADN viral, o de Boeke é o primeiro que da conta dun cromosoma sintético nunha eucariota, é dicir, un organismo máis complexo con células que conteñen un núcleo, como as células do ser humano.



   É o fruto de sete anos de traballo que implicaron o deseño asistido por ordenador para fabricar un dos 16 cromosomas que posee a levadura de cerveza, coñecida científicamente como Saccharomyces cerevisiae, que se utiliza tamén na elaboración do pan ou o viño.



   O avance é un exercicio experimental. As posibilidades son infinitas. Abre a porta ao desenrolo de microorganismos "á carta" que poderían ser útiles en numerosos campos.
  Para mellorar a potencia dalgunhas substancias, en Medicina para a creación de novos fármacos máis eficaces, na fabricación de biocombustibles ou a restauración de zonas danadas por graves vertidos de petróleo. O "avance técnico" deste descubrimento é que permitirá no futuro correxir desde deficiencias xenéticas a producir novas variedades de antibióticos ou modificar proteínas que acaben co problema dos celíacos, engade Bernardo Schvartzman, profesor do Centro de Investigacións Biolóxicas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).


  
  O interese máis inmediato será a Biotecnoloxía, "poderanse producir, por exemplo, organismos que degraden compostos máis rápidamente que a Natureza (vertidos de hidrocarburos, productos de minería...), moléculas de síntese complexa usadas en terapéutica ou novas variedades de antibióticos que acaben co problema da resistencia aos microorganismos".
  Precisamente nese "Lego" que fabricaron e onde se poden quitar ou poñer pezas a conveniencia, pódense incluir elementos para un mal uso, como o "bioterrorismo". Por iso, moitos expertos urxen unha regulación sobre o tema.
  Os editores da revista Science no chegan a calificar este avance de hito científico, pero sí se atreven a dicir que o conseguido por este grupo científico formado por varias universidades estadounidenses e europeas é como ascender "o monte Everest da bioloxía sintética".


No hay comentarios:

Publicar un comentario