Powered By Blogger

miércoles, 12 de marzo de 2014

O SOÑO DA FUSIÓN NUCLEAR

   Un equipo do Lawrence Livermore National Laboratory acaba de conseguir, por primeira vez, que un reactor de fusión nuclear produza máis enerxía da que consume. Un gran paso cara o obxetivo de poder usar no futuro unha fonte enerxética inagotable e limpa. O logro publicouse na revista Nature.

                         
  
  O maior problema co que se enfrentaron ata agora os reactores de fusión nuclear foi o de xerar unha cantidade de enerxía igual ou superior á que se precisa para por en marcha o proceso de fusión. De feito, ás altísimas temperaturas ás que a fusión nuclear se produce, a materia, hidróxeno ou helio, que se usa como combustible non está en estado sólido, nen líquido, nen gaseoso, senón nun "cuarto estado" chamado plasma. E dado que non existe no mundo un material capaz de conter plasma, os " contenedores" do combustible non poden ser físicos, senón magnéticos ou, máis recentemente, xerados por láser. O problema, coñecido como de " confinamento do plasma" precisa dunha gran cantidade de enerxía para funcionar. De feito, máis enerxía da que o reactor é capaz de producir.
              
   Por eso, o "Santo Grial" da fusión nuclear foi , e é, ser capaces de conseguir un balance enerxético positivo que permita o seu uso industrial. Un paso clave neste camiño é lograr "ganancias de combustible" maiores que a unidade, onde a enerxía xerada a través da fusión supere á cantidade de enerxía invertida para o funcionamento do reactor. 
   A pesar de que a ignición do plasma segue sendo o obxetivo final, aínda por resolver, o hito de obter ganancias de combustible foi logrado por primeira vez nun reactor de fusión operado por científicos do Lawrence Livermore National Laboratory. No seu artigo de Nature, os investigadores detallan unha serie de experimentos no reactor NIF (National Ignition Facility) nos que conseguiron un rendemento enerxético que é unha orde de magnitude superior a calquera dos levados a cabo ata o momento en todo o mundo.

                                     
  
   O que conseguiron os investigadores é unha especie de "rebote" de partículas alfa (núcleos de helio producidos pola fusión no reactor de núcleos de deuterio e tritio). Ao facelo, contribúen ao quentamento do combustible, incrementando o número de reaccións nucleares (de fusión) , o cal á súa vez produce máis partículas alfa. Este proceso de retroalimentación é o mecanismo que permite a ignición do reactor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario