Powered By Blogger

miércoles, 19 de marzo de 2014

UNHA ESPECIE VIOLENTA POR NATUREZA

   "Somos unha especie violenta por natureza. Por dúas razóns, porque somos agresivos e porque somos creativos. Sen imaxinación non seríamos violentos", contesta David Bueno, doctor en Bioloxía que exerce como profesor e investigador de xenética na Universidade de Barcelona e que xunto a outros cinco expertos acaban de publicar un ensaio sobre este tema.

    
  "A agresividade é algo que compartimos co resto dos animais. É unha emoción, como o amor ou o medo. Non é boa nen mala. Non ten connotacións morais ou éticas, simplemente é parte do instinto de supervivencia. A violencia é outra cousa. É unha agresividade consciente. É un facer dano querendo facelo. E para iso fai falta imaxinación, creatividade. O ser creativo é capaz de relacionar dúas cousas que non teñen relación natural. O seu desexo de impoñerse coa forma de conseguilo, por exemplo. O home sabe que sendo agresivo pode conseguir algo", asegura Bueno, experto na xenética do desenrolo e neurociencia, e na súa relación co comportamento humano. 

          
  
   "Posto que non é posible deixar de ser violentos, o que temos que facer é canalizar esa violencia para diminuir o seu impacto" di. ¿E cómo pode canalizarse? "Coa educación e a empatía" responde. 
  Numerosos son os exemplos de ferramentas que poden canalizar esa violencia innata que aporta o ensaio.   Según Bueno, "os videoxogos só poden volverte violento se te convertes nun adicto a eles e nese senso a violencia que xera é idéntica á que xera calquera outro tipo de adicción". Eso si, poden servir para canalizala. "Da mesma maneira ca un partido de fútbol", engade. "Demostrouse que os xogadores do equipo gañador teñen unha descarga de  hormonas idéntica á que se produce no que gaña unha batalla física. E o mesmo ocorre cos seguidores do equipo gañador", explica. 

É o que se chama "un combate ritualizado", que serve para xestionar esa violencia imposible de erradicar. Bueno pronuncia unha e outra vez esa palabra: "xestionar". "É a clave", di. E a continuación di que o grado de agresividade é distinto en cada un de nós e incluso en cada momento. "O estrés vólvenos máis agresivos, porque fai que se reduza o nivel de eficiencia da corteza cerebral e eso impídenos levar a cabo procesos cognitivos máis complexos, como é a toma de decisións, e lévanos a actuar sen pensar", expón. 
  Pero o factor determinante do nivel de agresividade dunha persoa é a cantidade de testosterona coa que naceu. "A testosterona masculiniza o cerebro nos primeiros tres meses de xestación e o ambiente no que crecemos pode masculinizalo aínda máis ou todo o contrario", di Bueno. 
  A testosterona é unha hormona que impulsa a dominar. As mulleres tamén a teñen, pero o seu nivel é menor, de aí que "o 90% da violencia no mundo exércena os homes". De feito, o máis probable é que as mulleres que chegan a posicións de poder teñan un nivel de testosterona maior. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario