VOLTA AO MUNDO SEN COMBUSTIBLE
A empresa de aviación Solar Impulse presentou en Suiza o primeiro avión solar deseñado para superar o reto de dar a volta ao mundo sen utilizar nengún combustible, bautizado como Solar Impulse 2, que despegará en marzo de 2015 e será conducido por dous pilotos que poderán permanecer ata "cinco días e cinco noites" en voo sen ter que aterrar.
Nunha presentación mundial na localidade suiza de Payerne, os fundadores de Solar Impulse e pilotos do Solar Impulse 2, Bertrand Piccard e André Borschberg, desvelaron ao mundo o novo avión.

Neste proxecto, que se iniciou hai xa 12 anos, participou un equipo multidisciplinar de 80 especialistas. Eles conseguiron que este avión almacene a enerxía suficiente, gracias a 17.248 células fotovoltaicas, que alimentarán ás catro hélices da aeronave e recolectarase e almacenará nas súas baterías de polímero de litio.
O avión, que mide 72 metros, é similar a un Boeing 747 e é incluso "máis lixeiro" que un vehículo. A cabina mide 3,8 metros cúbicos e monitorizará as constantes vitais do piloto para detectar calquera posible anomalía. Pode acadar un máximo de altura de 8.500 metros e a súa velocidade máxima é de 90 km/h a nivel do mar e 140 km/h á máxima altitude. A súa velocidade mínima é de 36 km/h a nivel do mar e 57 km/h a máxima altitude.

O Solar Impulse 2, que soportará temperaturas de 40 graos baixo cero pola noite e 40 graos polo día, despegará desde algún lugar da zona do Golfo e voará sobre o Mar de Arabia, India, Birmania, China, o Océano Pacífico, Estados Unidos, o Océano Atlántico e o Sur de Europa ou o Norte de Africa.
É "absolutamente eficiente enerxéticamente" e dispón "dos mellores motores, as mellores baterías e os materiais máis lixeiros" para poder manter o voo durante "cinco días e cinco noites" sen descanso. A cabina, monoplaza e cun asiento ergonómico, dispón dun pequeno servicio para os pilotos, que terán que alimentarse a base dunha comida especial e que só poderán durmir durante "20 minutos", algo para o que levan meses entrenando e que pensan superar coa axuda de técnicas de relaxación e auto hipnose.
Unha serie de dispositivos controlarán desde terra o seu estado de saúde en todo momento. Ademáis, levarán todo o tempo un paracaídas por se ocorrera unha situación de emerxencia e tiveran que saltar do avión.
Os pilotos son conscientes de que a súa aventura entraña moitos riscos, pero dedicarán o próximo ano a facer probas e a utilizar os simuladores tanto como poidan para minimizalos.
Con esta iniciativa non pretenden que se construian avións solares para transportar pasaxeiros, senón convencer a políticos e cidadáns de que as enerxías renovables poden satisfacer gran parte da demanda enerxética.
No hay comentarios:
Publicar un comentario