Powered By Blogger

sábado, 19 de abril de 2014

MATERIA ESCURA NO CENTRO DA GALAXIA

   É unha materia de composición descoñecida que, ademáis non emite a suficiente radiación electromagnética como para ser observada directamente cos medios técnicos actuais, pero calcúlase que constitúe o 85% do universo. 
  Trátase da chamada "materia escura", e foi deducida polos especialistas a partir dos efectos gravitacionais que causa a materia visible do cosmos, como a das estrelas ou as galaxias. 


  O pasado mes de febreiro de 2014, uns 190 expertos no tema de todo o mundo reuníronse nun simposio celebrado na Universidade de California en Os Anxeles (UCLA) para poñer en común as últimas novidades nas investigacións sobre a materia escura. Entón, expuxéronse os resultados de varias análises que indican que dita misteriosa materia escura si existe, aínda que non poida verse nen rexistrarse.

                        
  
  Os raios gamma son un tipo de radiación electromagnética que pode ser producida por elementos radiactivos ou por procesos subatómicos de diversos elementos cósmicos, entre eles a materia escura. 
  Os raios gamma de alta enerxía que se producen no centro da nosa galaxia poden ser explicados en parte a partir de fontes conñecidas, como a interacción de sistemas binarios, púlsares aillados de restos de supernovas ou partículas que chocan co gas interestelar. Pero existe un exceso de raios gamma procedentes de dito centro de orixe descoñecida que, ademáis, é consistente coas prediccións sobre materia escura. 
  Ese exceso de raios gamma non adxudicado a causas coñecidas, é o que rexistrou o Telescopio Espacial de Raios Gamma Fermi, un observatorio espacial da NASA deseñado para estudiar as fontes de raios gamma do universo, co obxeto de detallar mapas das mesmas.
  Eses novos mapas, desenrolados por investigadores do Fermi National Accelerator Laboratory (Fermilab), do Harvard-Smithsonian Center for Astrophysiscs (CIA), do MIT e da Universidade de Chicago, permitiron agora analisar ese exceso de raios gamma e probar se as explicacións máis convencionais, como a presencia de púlsares non descubertos ou colisións de raios cósmicos en nubes de gas, poden explicalo. 

                       
  
  Aínda que ninguén coñece a verdadeira natureza da materia escura, os científicos creen que existen unhas partículas chamadas WIMP ("partículas masivas que interactúan débilmente") que a conforman. 
  Teorizouse que, nas súas interaccións e colisións, as WIMP aniquílanse mutuamente ou producen unha partícula intermedia, que rápidamente se descompón. Ambas reaccións provocarían unha producción de raios gamma que é o que parece que detectou o Telescopio Fermi.
  Cando os astrónomos restaron, dos datos deste observatorio, todas as fontes de raios gamma coñecidas do centro da galaxia, seguiu existindo neste unha emisión de raios gamma sobrante. 
  Os investigadores concluíron que este exceso axustaríase á producción de raios gamma que conlevaría a aniquilación de partículas de materia escura (WIMP) cunha masa de entre 31 e 40 GeV. Nembargantes, advirten que serán necesarias novas análises e rexistro para validar a interpretación de datos realizada. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario